Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Deputación : PSOE y BNG no hacen ni caso a una reclamación de 8,1 millones que formula el PP

Hoxe, no pleno da Deputación de Pontevedra :
O PP lamenta que PSOE e BNG rexeiten reclamar ao Goberno central os 8,1 millóns que lle debe á Deputación do IVA de 2017 

 • O voceiro Cubela critica que reclamar a transferencia e recuperación duns ingresos que lexitimamente pertencen á Deputación e que serían fundamentais para facer fronte á crise sanitaria e social derivada da pandemia non mereza ningún comentario por parte de socialistas e nacionalistas, que non fixeron o seu uso da palabra. 

 • “Esta moción debería aprobarse por unanimidade de todos os grupos políticos, porque son cartos de todos os pontevedreses e, polo tanto, deberían estar na provincia e en todos os concellos, porque a casuística é a mesma para todos os concellos da provincia de Pontevedra”, engadiu. 

• “Temos moi claro cal é o funcionamento desta Deputación, na que priman os intereses políticos e partidistas en detrimento da provincia”, denuncia o voceiro dos populares, que cuestiona que por unha parte se estean reclamando cartos ao Goberno galego e, pola contra, se estea renunciando a que o Goberno central devolva á Deputación e aos concellos os cartos que lles debe. 

 • Cubela tamén lamentou a falta de vontade política de PSOE e BNG para chegar a acordos, ao rexeitar a emenda que presentaron os populares á moción que presentaron os partidos de goberno, e que pasaba por solicitar á Xunta de Galicia a apertura dun proceso negociador co municipalismo galego, a través da FEGAMP, que inclúa a realización dunha auditoría conxunta para determinar as competencias impropias que está asumindo cada administración, así como os custos económicos respectivos. Un acordo, que, recordou, se subscribiu entre o presidente da Fegamp e da Xunta de Galicia. 

 • “Que está facendo a Deputación coas súas competencias? Asumen as competencias en materia de extinción de incendios nos concellos de menos de 20 mil habitantes? E de emerxencias? Asumen a totalidade dos gastos de servizos sociais, como di o artigo 65 da Lei de Servizos Sociais de Galicia? Acceso aos núcleos. Falan do Plan Marco, pero o Goberno fóra do Plan Concellos non ten ningún plan para axudar aos concellos do interior e do rural, que é o motivo polo que se crearon as deputacións e polo que aínda continúan existindo”. 

Cubela recordou ao Bipartito que o seu orzamento é maior todavía que a suma de todos os orzamentos de concellos de menos de 10 mil habitantes da provincia. • “Lamentamos que non estea na axenda deste goberno a recuperación desta provincia, poñerse ao lado dos concellos para axudarlles e para reforzalos, senón que na súa axenda está liderar unha confrontación permanente e inútil co goberno galego e co PP”.

Jorge Cubela, portavoz del PP en la Deputación de Pontevedra


Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement