Paula Cons e a súa película "La isla de las mentiras" conseguiron hoxe o Premio Xacobeo no Festival Internacional de Cine de Ourense- OUFF, que pon en valor á mellor produción galega do festival.
A comisión mixta formada pola organización do festival, a Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia destacou "o
talento, tesón e profesionalidade da súa autora, valores nos que se ven
representadas todas as mulleres do audiovisual galego que loitan por
ocupar un lugar destacado no panorama nacional e internacional".
Por primeira vez este premio ten una contía económica de 12.000€.
Mañá terá lugar a última das proxeccións que se celebran no marco do festival (venres, 2 de outubro ás 19.30 horas nos Cines Pontevella- Ourense)
Gran estrea en salas de Galicia:
Tamén recordamos que a partir de mañá a película poderase ver en salas* de A Coruña, Lugo, Pontevedra, Santiago de Compostela, Ferrol, Vigo, Vilagarcía de Arousa, Ribeira, Carballo, Marín, Caldas de Reis, O Barco de Valdeorras, Leiro, A Estrada e Cee.
Algunhas das proxeccións contarán coa presenza da directora, Paula Cons, quen participará en coloquios co público. Estas son algunhas das sesións con coloquio que podemos anunciar arestora:
Lugo- Cine Códex. 2 de otubro. Sesión 18h
Ferrol-Dúplex Cinema. 2 de outubro. Sesión 19.30h
Santiago de Compostela- Numax: 3 de outubro. Sesión: 17.40h
La isla de las mentiras está dirixida por Paula Cons e protagonizada por Nerea Barros, Dario Grandinetti, Aitor Luna, Victoria Teijeiro, Ana Oca e Milo Taboada. A
película está inspirada en feitos reais, concretamente no afundimento
do buque “Santa Isabel” fronte ás costas da illa de Sálvora (A Coruña)
en 1921.
Sinopse:
Inspirada libremente en feitos reais. A madrugada do 2 de xaneiro de 1921, o buque Santa Isabel,
con destino Bos Aires e 260 persoas a bordo, afundiu fronte á dura
costa da illa de Sálvora, en Galicia. A falta de homes na illa tres
mulleres, María (Nerea Barros), Josefa (Victoria Teijeiro) e Cipriana
(Ana Oca), deciden ir ao rescate salvando a 48 persoas, un acto heroico
que pagarán ben caro.
Un xornalista arxentino, León (Darío Grandinetti), acode a Sálvora para
cubrir a noticia do naufraxio. Pouco a pouco irá descubrindo que esa
noite se produciron demasiadas casualidades na illa, chegando incluso a
sospeitar que o naufraxio puido ter sido provocado. Namentres, xa nada
será igual. O naufraxio sacudirá e cambiará para sempre a vida da illa.
Festivais:
La isla de las mentiras puidose ver recentemente nos seguintes festivales:
-Festival de San Sebastián (SSIFF) "Made in Spain"
- Festival Internacional de Cine de Shanghái (SIFF)
-Festival Internacional de Cine de Ourense (OUFF)
-Festival de Cans
Próximamente participará tamén no Spanish Film Festival de Amsterdam, que se celebra do 28 de outubro ó 1 de novembro.
La isla de las mentiras é unha coprodución entre a produtora galega Agallas Films, a vasca Historias del Tío Luis, a arxentina Aleph Cine e a portuguesa Take 2000. Conta coa participación de TVG, RTVE e ETB, e co apoio de AGADIC, Governo Vasco, ICAA, INCAA arxentino, ICA portugués, Programa Ibermedia, Concello de Ribeira e Deputación da Coruña. Filmax ocúpase da súa distribución nacional e internacional.
La isla de las mentiras pode verse en Filmin dende o pasado 24 de xullo e en cines de Galicia a partires do 2 de outubro