Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Guardacostas de la Xunta apaña útiles de pesca y mariscada de ensueño

A maioría dos comisos de especies rexistráronse na ría de Ferrol, na que os axentes requisaron máis de 340 quilos de peixe e marisco, mentres que a maior parte dos útiles, 586, incautáronse na ría de Vigo.

GARDACOSTAS REQUISA MÁIS DE 750 ÚTILES DE PESCA, UN VEHÍCULO E ARREDOR DE 570 QUILOS DE DISTINTAS ESPECIES DE PEIXE E MARISCO 


VIGO / FERROL .- Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, requisaron máis de 750 útiles, un vehículo, arredor de 570 quilos de distintas especies de peixe e marisco e 800 metros de artes de enmalle en diferentes controis realizados nos últimos días no litoral de Galicia. 


A ría de Ferrol foi obxecto de distintas actuacións de loita contra o furtivismo nas que se comisou a maior cantidade de peixe e marisco, máis de 340 quilos, máis de 40 útiles, un vehículo e 650 metros de artes de enmalle. O vehículo foi requisado nunha actuación conxunta entre os axentes de Gardacostas e da Garda Civil e nela identificáronse a dúas persoas ás que, ademais do vehículo no que transportaban a mercadoría, tamén se lle requisaron arredor de 95 quilos de vieira e dous equipos de mergullo. 


Na ría da Coruña os axentes requisaron en diferentes controis máis de 104 quilos de marisco e de 50 útiles. Nunha das inspeccións realizada no pantalán de Oza, os gardacostas comisaron 68 quilos de nécora, 17 quilos de lumbrigante e 3 quilos de camarón. Tamén incautaron os 10 viveiros e tres salabardos que contiñan estas especies debido a que todo estaba sen identificar. 


Mentres na ría de Ares e Betanzos os efectivos de Gardacostas aprehendéronse de 11 quilos de marisco e de seis útiles, na Costa da Morte fixeron diferentes controis nos que requisaron arredor de cinco quilos de marisco e na ría de Muros e Noia fixéronse con 28 quilos de peixe e marisco e dous útiles. 


A ría de Arousa tamén foi obxecto de distintas actuacións que se saldaron co comiso de máis de 47 quilos de peixe e marisco e coa incautación de 68 aparellos. Nun dos controis realizados na zona da Illa de Arousa, os gardacostas requisaron 30 nasas e máis de dous quilos de marisco, a maioría polbo, debido a que todo estaba sen identificar. 


A maiores, na ría de Vigo os axentes incautaron un total de 586 aparellos, dos que a maioría, 550, eran cacharros que aprehenderon nun control en Oia debido a que son útiles ilegais. Nesta ría tamén comisaron máis de 18 quilos de peixe e marisco. Noutros controis realizados na ría de Pontevedra os gardacostas comisaron 15 quilos de distintas especies de peixe e marisco e 150 metros de artes de enmalle.





Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement