Acaban de constituir en Moaña una más que interesante asociación (de "Usuarios de Enerxia, Moaña Solar"), que busca defender los intereses de la ciudadanía en un plano tan fundamental en el día a día de las personas como es todo lo energético y sobre todo lo procedentes de nuevas fuentes de energía. Nuevos sistemas de captación de energía, lucha contra fraudes y desigualdades, aportaciones y mejoras... Un apasionante sector en donde ya iba siendo hora que los usuarios y consumidores alcen su voz y hagan que se respeten y no atropellen sus derechos.
Nuestra más sincera felicitación a los promotores de esta iniciativa, entre los que se encuentra el ex-concejal en Moaña, Víctor Pastoriza, del que celebramos recibir noticias así, en esta hora. Como colaboración a la labor que realizan, vaya aquí, reproducida la carta abierta que el presidente de la nueva asociación, Antón Pena, hace presente al vecindario del municipio de Moaña. Dice así :
Veciña/o.
Por iniciativa europea estase intentando regular a participación de cidadáns,
empresas e institucións na imparable transformación de todo o relacionado
coa producción, distribución, almacenamento e consumo da enerxía eléctrica,
de modo que en breve teremos ocasión de poder romper co principio que rexiu
ata agora no noso subministro eléctrico, polo que máis aló da porta da nosa
casa ou do noso contador sólo hai compañía distribuidora, que é o monopolio .
Nalgúns paises europeos funcionan xa o que se chaman comunidades
enerxéticas locais (CEL). Neste modelo, as asociacións-comunidades poden
asumir o papel de distribuidoras no seu ambito, poden xerar, almacenar,
consumir e comercializar a súa propia enerxia, primando os beneficios
medioambientais e sociais máis que os económicos .
Este modelo de xeración distribuida, fará posible que calquera de nós poida
xerar enerxía no propio tellado e almacenala na propia casa ou no ámbito da
comunidade, a un prezo máis baixo que o que agora pagamos polo noso
subministro. Un fenómeno que cambia radicalmente o modo tradicional de
xeración eléctrica, ata agora só en grandes plantas.
Esta circunstancia abre unhas posibilidades moi grandes de colaboración
dentro das comunidades que se constitúan, cubrindo de modo interno as
necesidades duns coas potencialidades doutros, podendo internalizar un
beneficio de colaboración que ben o quixeran para elas as grandes compañías,
que xa están agora intentando chegar a acordos individuais con cidadans,
empresas e institucións, e seguirán presionando no futuro máis ainda.
Á espera da regulación necesaria en España para crear unha CEL, ó longo
deste ano 2020 que recordaremos toda a vida, un grupo de veciños de Moaña
que sinten certa indignación por todo o que rodea o “mercado eléctrico” e gran
preocupación polas consecuencias medioambientais que produce a xeración
tradicional de enerxía, creamos unha Asociación “preparatoria”, que
denominamos "ASOCIACIÓN DE USUARIOS DE ENERXÍA MOAÑA SOLAR"
cos seguintes obxetivos:
● Preparar a futura posta en marcha da Comunidade de Enerxía Local de
Moaña.
● Organizar a contratación colectiva de instalacións fotovoltaicas.
● Combatir -en tódalas súas formas-, a pobreza enerxética.
● Impulsar o uso das enerxías renovables e reducir a emisión de todo tipo
de gases nocivos.
● Participar activamente dos obxectivos de implantación da enerxía
renovable, e xestionar o acceso ós recursos económicos habilitados para
conseguilos polas diferentes administracións competentes.
Para acadar estes obxectivos, dende a Asociación queremos:
● Difundir e asentar entre a veciñanza o concepto de Comunidade
Enerxética Local.
● Levar a cabo actividades e iniciativas para informar, difundir e divulgar
as características das enerxías renovables dentro dun modelo enerxético
racional e sostible.
● Buscar a implicación das diferentes administracións públicas para facilitar
os trámites para a posta en marcha e funcionamento das instalacións de
autoconsumo fotovoltaico.
● Buscar a implicación das diferentes administracións públicas para
conseguir o menor custo económico na posta en marcha e no
funcionamento das instalacións de autoconsumo fotovoltaico, a través de
axudas, subvencións e bonificacións de taxas e impostos.
Ante a excepcionalidade da situación actual, que dificulta a organización de
actos e encontros, estamos valorando a posibilidad de levar a cabo pequenas
xuntanzas ó longo do concello de Moaña para extender estas propostas e invitar a cantos
veciños desexen a participar activamente na Asociación.
Si queres ser protagonista deste cambio do modelo enerxético, podes
contactar coa concellería de Medio Ambiente do Concello de Moaña -moi
implicada e colaboradora con esta iniciativa-, a través do teléfono 986310100
ou ben no enderezo electrónico odilobarreiro@concellodemoana.org .
A Asociación ofrece información en www.moañasolar.org. Dende a web podes
contactar coa actual directiva da Asociación.
O presidente da Asociación :
Antón Pena Parga