Responsive Ad Slot

Latest

latest

Ence rexistra 16 Mn€ de perdas no terceiro trimestre por mor dos prezos mínimos da celulosa

· A actividade e emprego das biofábricas e plantas de enerxía mantívose a pesar da crise sanitaria 

· A compañía asegúrase unha mellora do 13% no prezo para preto do 20% das súas vendas de celulosa en 2021


PONTEVEDRA - Ence Energía y Celulosa rexistrou unhas perdas netas de 16 millóns € no terceiro trimestre do exercicio 2020, e acumula perdas por valor 42 millóns € nos nove primeiros meses do ano, como consecuencia dos baixos prezos da celulosa, que se manteñen no mínimo do últimos dez anos.

A compañía mantivo a actividade e o emprego a pesar das dificultades causadas pola pandemia. A aplicación temperá e estrita dos seus protocolos fronte ao coronavirus permitiu garantir a seguridade e a saúde de todo o equipo humano de Ence, para continuar suministrando enerxía renovable e celulosa á sociedade.

En Celulosa, tanto as vendas como os custos de produción nas biofábricas melloraron un 7% e un 3% respectivamente nos nove primeiros meses do ano. A pesar desta mellora operativa, os resultados continúan marcados polos prezos mínimos da celulosa, cun EBITDA de 7 millóns € neste negocio (-92% interanual). Para 2021, Ence asegurou un prezo 770 $/t para a venda de 193.200 toneladas de celulosa, un 13% por encima do prezo actual de referencia en Europa.

As vendas de Enerxía Renovable creceron un 27% interanual nos nove primeiros meses do ano e o EBITDA deste negocio sitúase en 42 millóns € (+ 2% interanual), a pesar dos baixos prezos da electricidade.

Ence continúa co desenvolvemento de novos proxectos de enerxía renovable. Os 405 MW en carteira, con acceso á rede e localizacións aseguradas, atópanse á espera da próxima convocatoria de poxas para a implementación do Plan Nacional de Enerxías Renovables mentres se completa a súa tramitación administrativa.

Ignacio Colmenares, Presidente de Ence, destacou que “o negocio regulado de Enerxía Renovable de Ence achega estabilidade á conta de resultados do Grupo. Precisamente porque o negocio de Celulosa é cíclico, o seu financiamento é a longo prazo, sen ningún covenant e temos 360 millóns € en caixa para afrontar con tranquilidade os retos que temos por diante”. 

Ence continúa dedicando os seus maiores esforzos en defender a prórroga da súa concesión en Pontevedra. Unha planta que cumpre folgadamente con toda a normativa ambiental vixente, que sostén máis de 5.000 postos de traballo directos, indirectos e inducidos e que crea valor en toda Galicia, especialmente no mundo rural, e nos sectores forestal e loxístico.

Ence aposta por unha recuperación verde para superar a crise causada polo coronavirus, apoiada no impulso ás enerxías renovables e na subministración de celulosa, que a compañía produce de maneira sostible e ecoeficiente nas súas biofábricas de Pontevedra e Navia, xerando, en conxunto, 11.500 postos de traballo. 




Don't Miss
© all rights reserved
made with by templateszoo