Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Diputados exigirán que los presupuestos del Estado atiendan las necesidades de Pontevedra

O PP de Pontevedra esixirá que os orzamentos do Goberno central teñan en conta as necesidades da provincia

Ramallo defende que hai proxectos estratéxicos clave para o futuro e recuperación de Pontevedra. 


Deputados nacionais recompilan as iniciativas, propostas e necesidades recollidas nos últimos dous anos a través de reunións con sectores estratéxicos, alcaldes e voceiros.


PONTEVEDRA .-  Os deputados nacionais do Partido Popular de Pontevedra, María Ramallo, Diego Gago e Javier Bas, xunto coa deputada Ana Pastor estiveron analizando e recompilando as iniciativas, propostas e necesidades que, tanto nos últimos meses como ao longo dos últimos dous anos, lles trasladaron varios sectores empresariais e industriais da provincia, así como alcaldes e alcaldesas con responsabilidades de xestión e voceiros municipais do PP. Iniciativas e proxectos que son “fundamentais e xustos” para a provincia, e por tanto, “serán esixentes para que os orzamentos do Goberno central os teñan en conta, así como outras necesidades”.


Segundo explica María Ramallo, “somos conscientes de que a crise sanitaria e social que estamos vivindo desdebuxou en moitos aspectos iniciativas plantexadas e que afectaban a esta provincia, pero non debemos de esquecer proxectos que son estratéxicos para o futuro e a recuperación desta provincia”. Algúns exemplos, sinala, son a chegada do AVE, o corredor ferroviario, a liberación da peaxe da AP-9, o desbloqueo de licitacións de estradas nacionais pendentes - varias xa herdadas e con proxectos avanzados-, a conexión dos portos, apoio aos sectores industrial e da automoción, dar seguridade xurídica á industria do mar, a necesidade de desbloquear os aforros dos concellos ou a rebaixa do IVA turístico para o Xacobeo 2021. 


Por iso, impulsarán desde o Congreso as iniciativas ou emendas que sexan precisas, e en función das diferentes reunións de traballo mantidas con sectores estratéxicos para a provincia. Ademais, estarán tamén ao carón dos concellos, “para que poidan ter recursos cos que afrontar as necesidades máis básicas e os investimentos que deberán xestionar na aplicación dos fondos que reciban do Estado, así como a súa participación nos fondos europeos que se distribúan”. 


Neste senso, os deputados insisten en que Pontevedra, tanto no capítulo de investimentos dos orzamentos xerais como nos Fondos Europeos de Reconstrución que deberán chegar desde o Goberno central, debe ter un liderazgo importante para poder exercer e desenvolver un papel clave no motor económico e industrial, “xa que é fundamental para a supervivencia e estratexia dunha provincia fundamental para Galicia e para o resto de España”. 


“É preciso que a provincia se sitúe na liña adecuada para que os futuros investimentos sexan capaces de aportar osíxeno, tanto a través de investimentos públicos como da xeración do marco adecuado para que a inversión privada se quede en Pontevedra, como síntoma de confianza e de certezas, e contribúa a xerar emprego”, engade.


Por último, Ramallo recorda que Pedro Sánchez continúa gobernando cos orzamentos do ano 2018 de Mariano Rajoy. “Queremos que non só teña en conta as demandas e necesidades sobre o papel, queremos que se executen, porque este goberno nos ten moi acostumados a falsas promesas que non son capaces de executar por unha falta absoluta de xestión”. Nesta liña, poñen en valor o traballo feito por Ana Pastor como voceira na Comisión de Reconstrución, “pactando medidas, tanto sanitarias como económicas que na súa maioría aínda non se puxeron en práctica”. 


Gago, Ramallo, Pastor y Bas



Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement