Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Deputación impulsa entre Moaña y Cangas una vía de 5,3 Km, con prioridad peatonal y ciclista

A Deputación impulsa unha vía de 5,3 Km, con prioridade peonil e ciclista, transformando completamente as pistas municipais que unen as estacións marítimas a través dos núcleos tradicionais situados na beira da ría


A alcaldesa, Leticia Santos, lembrou que a Deputación fai posible unha obra que non puido financiarse con fondos europeos e destacou que “é unha honra ter acadado a máxima puntuación na convocatoria DepoRemse”



MOAÑA . - As comunicacións entre os concellos de Moaña e Cangas coñecerán un cambio radical unha vez que finalicen as obras do “Eixe de Mobilidade Segura de Interconexión dos centros urbanos de Moaña e Cangas”, que a Deputación de Pontevedra está a impulsar no marco do plan DepoRemse. O proxecto, que no lado de Moaña está moi avanzado, foi visitado pola presidenta provincial, Carmela Silva, e a alcaldesa moañesa, Leticia Santos. Unha vez que se complete coa execución da parte que corresponde ao Concello de Cangas, pecharase un proxecto de mobilidade segura tan singular que, en palabras de Carmela Silva, “non hai ningún que sexa comparable en toda Galicia”.


A actuación supón a recuperación, con criterios do século XXI, do histórico Camiño Real que une ambas localidades ao longo de 5,3 Km, dos que 2,9 corresponden ao termo municipal de Moaña. O investimento neste municipio é de 574.962,77 euros achegados pola Deputación (485.357,50 euros da subvención do plan DepoRemse e o importe restante co Plan Concellos). As obras, que atravesan catro núcleos de poboación históricos e afectan a máis de 400 propiedades situadas nas súas beiras, están a ser  executadas pola empresa Covsa, que apura os últimos remates en materia de servizos, equipamentos e mobiliario urbano. A parte correspondente a Cangas será licitada a principios de novembro, avanzou a presidenta.


Carmela Silva, que estivo acompañada na visita polo deputado de Cooperación Santos Héctor e de varias/os concelleiras/os, cualificou este proxecto como “o máis especial de todos os “depoRemses” que temos en marcha”; “temos feito moitas cousas e moi boas, pero eu estou segura de que o que estamos a crear entre Moaña e Cangas vai ser copiado”. A presidenta, que significou que tiña moitas gañas de “pasear e sentir esta obra”, destacou que “ten o enorme valor de que xurde do acordo entre dous concellos”. Explicou que hai 5 anos, cando un novo Goberno chegou á Presidencia da Deputación, púxose en marcha “un modelo valente para construír novos espazos e territorios de mobilidade amable, coas persoas no centro”. “A pandemia amosounos que precisamos de espazo público para a xente, que acertamos con este modelo, que supuxo cambiar do piche e os monstros de catro rodas ás persoas”, valorou.


Silva Rego engadiu que estamos diante dun “proxecto único” pois ten en conta a nenas/os, maiores, persoas con diversidade  funcional e a mulleres e homes, poñendo en valor “paisaxes incribles e arquitectura tradicional”, que respecta o medio ambiente e que se relaciona directamente con outros proxectos auspiciados pola Deputación en Moaña e en Cangas, como o Plan de Mobilidade Urbana Sustentable, a rede Ágora e os Camiños Escolares Seguros. “Estamos facendo historia na provincia de Pontevedra e en Moaña”, recalcou antes de felicitar expresamente ao Goberno local e á súa alcaldesa.


A primeira munícipe, Leticia Santos, lembrou que o proxecto foi acubillado por Moaña e Cangas, pero a idea orixinal naceu da asociación de veciños O Pegho de Tirán. A alcaldesa rememorou o intento frustrado de acadar fondos europeos Edusi, unha decepción que quedou superada “cando a Deputación apareceu para presentarnos a liña de subvencións DepoRemse e díxonos que isto era o que buscaban; para nós é unha honra ter acadado a máxima puntuación nesta convocatoria”. “Non estamos facendo unha autovía”, recalcou, “senón un aproveitamento de viais existentes para convertelos nun vieiro con perspectiva de xénero, de igualdade de oportunidades, de respecto medioambiental e de mobilidade sustentable”. Finalmente, indicou que este novo roteiro ten, ademais, valores literarios, pois Moaña, e especialmente esta parte de Tirán, forman parte das paisaxes do libro “El último barco”, de Domingo Villar.


O proxecto supón a recuperación integral da antiga traza do Camiño Real que comunicaba pola costa os núcleos de Moaña e Cangas, configurado actualmente por estradas municipais heteroxéneas e sen ordenar correctamente. Con esta obra configúrase unha alternativa peonil-ciclista segura á PO-551, a estrada comarcal que vertebra O Morrazo e que resulta especialmente perigosa e pouco “amigable” coa mobilidade sustentable e residencial. Os 2,9 Km do Camiño Real que transcorren por Moaña quedan estruturados en 6 subsectores en función das características do viario existente: Rodeira, Vilela, O Foxón, Igresario, A Mansadía e o Con, todos eles con velocidade limitada a 20 Km/h.


O deseño baséase nun tratamento de plataforma única no que destaca a instalación dunha  banda continua de “slurry” de cor azul (cor corporativa en Moaña e Cangas para marcar as infraestruturas peonís) que funciona como un titor para separar aos vehículos e crear un espazo seguro para os peóns. Ao mesmo tempo, a propia banda ofrece un carril para bicicletas, patíns, patinetes e vehículos de mobilidade adaptada. Nos cruzamentos da rede local a banda azul anchea ata os 3 metros creando unha “lingua” que marca a preferencia peonil-ciclista e dá a sensación de espazo restrinxido para os vehículos. A obra inclúe tamén a creación de praciñas e espazos de lecer, con mobiliario urbano: bancos, fontes, papeleiras, unha canastra de minibasket, unha pérgola e aparcamentos para bicicletas.


A Deputación leva investidos case 8 millóns de euros en Moaña dende que Carmela Silva accedeu á Presidencia no ano 2015. Boa parte do investimento provén do Plan Concellos, co que Moaña puido executar 61 obras. Este ano destaca un paquete de asfaltados e a urbanización do polígono 11, un proxecto moi importante para a localidade morracense, pois neste ámbito están situados os terreos de Sisalde, onde se pretende construír o novo Centro de Saúde . A maiores o Plan Concellos posibilitou a realización de 8 actividades socio-culturais e deportivas e a contratación de 142 traballadoras/es para prestar servizos municipais. A maiores, a Deputación está executando nestes momentos as obras de construción de beirarrúas da EP1102 entre Meira e Fraga nun tramo de 2 Km e ten asinado un convenio para a mellora da mobilidade peonil na EP1104 entre Moaña e Coiro, cun orzamento total de 690.000 euros. Finalmente, en materia de seguridade viaria construíronse 13 pasos de peóns e elevados e 8 elementos redutores de velocidade, ademais das subvencións para a redacción dos plans de Mobilidade Urbana Sustentable e de Camiños Escolares Seguros.




Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement