Responsive Ad Slot

Latest

latest

A Xunta de Galicia vén de intervir a residencia Domusvi Ribadumia : 25 casos de coronavirus

 RIBADUMIA . - A Xunta de Galicia vén de intervir a residencia Domusvi Ribadumia, co fin de reforzar o persoal do centro. Unha vez avaliada a situación da residencia, as Consellerías de Sanidade e Política Social acordaron tomar esa medida co obxectivo de garantir a calidade asistencial e a correcta proteción da saúde tanto das persoas usuarias como das traballadoras e traballadores do centro.

Un equipo de profesionais sanitarios do Servizo Galego de Saúde está xa desprazado no centro e ocúpase de facer un seguimento médico permanente sobre a situación dos residentes, así como de vixiar a correcta aplicación das medidas de prevención, seguridade e hixiene fronte á covid-19 aprobadas pola Xunta de Galicia. Os profesionais do Sergas tamén velarán pola continuidade dunha atención sanitaria axeitada na residencia.
 
A residencia xeriátrica Domusvi Ribadumia rexistra, a día de hoxe, 25 casos positivos de coronavirus: 20 entre os usuarios e 5 en traballadores.




Don't Miss
© all rights reserved
made with by templateszoo