A PDLI pide corrixir as carencias en liberdade de prensa sinaladas pola Comisión Europea
0
Comentarios
A Plataforma en Defensa do Dereito á Información solicita reformas para paliar as deficiencias en materia de liberdade de prensa en España que sinala a Comisión Europea. No seu informe sobre o Estado de Dereito na UE, a Comisión apunta a carencias na transparencia sobre a propiedade dos medios, tipos penais desproporcionados no Codigo Penal e a Lei Mordaza.
A Plataforma en Defensa do Dereito á Información (PDLI) vén de reclamar ao Goberno central e aos grupos parlamentarios que se corrixan as carencias en materia de liberdade de prensa en España sinaladas pola Comisión Europea nas conclusións do seu recentemente publicado informe sobre o Estado de Dereito na Unión Europea.
O relatorio da Comisión Europea recoñece que a liberdade de prensa está recollida na Constitución Española, pero apunta á existencia dalgunhas fallas respectivas ao pluralismo e a liberdade dos medios de comunicación en España.
En concreto, sinálanse fallas na transparencia sobre a propiedade dos medios de comunicación, afirmando que “a información dispoñíbel no Rexistro Mercantil resulta difícil de comprender para o público en xeral" e que o Consello de Transparencia e Bo Goberno “ten dificultades en materia de recursos humanos e financeiros”. Tamén se recollen as críticas a determinados aspectos do Código Penal (mencionando expresamente as inxurias á Coroa) e á Lei Orgánica de Protección da Seguridade Cidadá, coñecida habitualmente como ‘Lei Mordaza’. Por último, sobre a protección dos ‘whistleblowers’, a Comisión observa que España “carece dun marco axeitado de protección dos alertadores”.
A PDLI sinala que a Comisión Europea non entra en detalles sobre outras cuestións que consideran ameazas á liberdade de información, como outros tipos penais, a equidade do sistema de contratación de publicidade e comunicación institucional, os límites á autonomía dos medios públicos ou a precaria situación dos medios comunitarios, pero considera "moi positivo que a Comisión recolla algunas das máis graves, que levamos incluso ante o Comité de Dereitos Humanos da ONU".
A Comisión Europea convida aos distintos parlamentos a debater o seu relatorio, polo que a PDLI anuncia diferentes actos para ampliar a repercusión do informe e promover as reformas necesarias para corrixir as deficiencias en materia de liberdade de prensa indicadas polo mesmo.