Ad Code

Ad Code

Nuevas aportaciones de Deputación de Pontevedra para Cambados, Pazos de Borbén y Redondela

As achegas, ao abeiro do Plan Concellos, financiarán a reforma de espazos públicos e melloras da seguridade viaria e peonil 

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar novos recursos por un importe total de 341.578 euros, ao abeiro do Plan Concellos, para Cambados, Pazos de Borbén e Redondela. 


En concreto, a Deputación destina a Cambados 105.096 euros para a financiación da reforma da praza da Xuventude. Estas obras permitirán solucionar as filtracións de auga ao aparcamento subterráneo que existe baixo a praza. No caso de Pazos de Borbén, recibirá unha achega de 115.780 euros para financiar a mellora da seguridade viaria e peonil na contorna do colexio, Centro e Saúde, pavillón polideportivo e Concello. Este proxecto busca resolver o problema de seguridade neste espazo e inclúe obras de accesibilidade, urbanización, pavimentación, beirarrúas e alumeado. 


Por último, o goberno provincial destinará outros 120.702,45 euros a Redondela para financiar a aportación que lle corresponde ao concello, no convenio que asinou coa Deputación, para o ensanche e mellora da seguridade viaria na EP-2903 Os Valos-Guizán. Con esta intervención vaise modificar a sección da estrada que conecta os núcleos de Os Valos e Guizán con solucións destinadas á mellora da mobilidade e calmado de tráfico, executarase unha beirarrúa peonil, ampliarase a beiravía e crearase un carril peonil e ciclista. Amais, a actuación pretende minorar a velocidade do tráfico, a 30 quilómetros por hora. Esta acción ten un orzamento total de 402.341 euros, dos que a Deputación de Pontevedra aporta o 70% e o Concello de Redondela o 30% restante.



Cambados