Lío en un colegio de Pontevedra por la supresión de un aula de Educación Infantil

Nais e pais de 4º de Educación Infantil (alumnado de 3 anos) concentráronse esta mañá diante do CEIP Praza de Barcelos, en Pontevedra, para solicitar a reposición da aula que foi eliminada pola Xunta no medio dun contexto de pandemia, "cando máis espazo se precisa para atender ás crianças, e sen aportar ningunha explicación", referiron os manifestantes.

Durante a concentración celebrada esta mañá, a representante da dos pais e nais de 4º de

Ed. Infantil, Almudena López, fixo fincapé na "incoherencia da Consellería de Educación

que, nun novo bandazo, saltouse os seus propios argumentos, pois o centro dispón de

espazos abondos para desdobrar esa aula: Non podemos entender que se suprima unha

das aulas cando máis falta fai, non podemos entender que se permita que 23 alumnos e

alumnas de 3 anos (coas súas dificultades para manter distancias e seguir protocolos)

compartillen aula tendo ao lado unha baleira”.

As nais e pais solicitan unha reunión co Xefe Territorial de Educación para que se

reconsidere a decisión tomada e se reabra a aula pechada. “Tan só queremos dispor dos

medios que o centro ten ao seu alcance. Non é momento de recortar unha aula, non en

plena pandemia”, insistiu Almudena López.


O deputado nacionalista Manu Lourenzo adiantou que nos vindeiros días o BNG presentará unha iniciativa no Parlamento galego esixindo do Goberno da Xunta explicacións pola supresión da

aula e pedindo a súa reposición.