Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Deputación activa su programa de apoyo a los emprendedores en el rural

No marco do plan de dinamización que desenvolve nos viveiros de empresas que xestiona en Lalín e Barro, a Deputación de Pontevedra vén de promover dúas iniciativas, en colaboración coa Fundación Roberto Rivas, para poñer en valor o emprendemento e a creación de tecido empresarial na provincia. Deste xeito, a institución acaba de seleccionar entre as propostas presentadas os cinco proxectos empresariais que formarán parte do primeiro Programa de Apoio ao Emprendemento no Rural que se desenvolverá no Viveiro de Lalín. Amais, hoxe xa se publicaron no BOPPO as bases do concurso de ideas para o deseño da campaña de promoción deste viveiro e o de Barro, que se premiará con 2.000€


En canto ao Programa de Apoio ao Emprendemento no Rural é unha iniciativa de asesoramento, formación e mentorización dirixido a persoas emprendedoras, profesionais e/ou empresas, cuxos proxectos se sitúen no medio rural ou o poñan en valor. Dos cinco proxectos seleccionados, que se localizan en Lalín, Silleda e A Estrada, dous son de nova creación e os outros tres constitúen unha nova liña de negocio das persoas empresarias que participan. Amais, catro das 5 propostas foron presentadas por mulleres.


Os de nova creación son os presentados por Carlos Henrique Botelho (Lalín), para unha empresa de servizos agroforestais que oferte a súa actividade a particulares, empresas e Comunidades de Montes; e o proxecto de Cándida García (Lalín), que busca ofrecer un servizo de formación personalizada en inglés on line e presencial. 


Doutra banda, os proxectos que buscan novas liñas de negocio son os que presentaron María José Callón (Silleda), que quere complementar a súa empresa de produción ecolóxica de froita e hortaliza e turismo industrial cunha nova aposta pola formación en agricultura ecolóxica en colaboración con empresas locais; María Rivas Couceiro (A Estrada), que prevé incorporar un servizo de aloxamento experiencial na casa rural onde ten situado o seu obrador de repostería saudable e formación e experiencias relativas a saberes tradicionais; e Elena Cuiña Gómez (Silleda), que pretende ampliar o seu actual servizo de comunicación para empresas (vídeo corporativo, fotografía).


As persoas seleccionadas iniciarán a vindeira semana as 28 horas de formación en habilidades para o emprendemento, modelos de negocio, sustentabilidade, márketing e vendas, finanzas, subvencións e axudas, constitución de empresas e oratoria, que se complementa con 7,5 horas de titorización individual. Por último, terán a oportunidade de dar a coñecer os seus proxectos no DemoDay. A formación desenvolverase baixo un estrito protocolo de seguridade pola Covid-19 e, en caso de que as condicións non permitisen a súa realización presencial, farase en modalidade telemática. 


Concurso de ideas da campaña de promoción

Doutra banda, a Deputación acaba de lanzar o concurso de ideas para o deseño da campaña de promoción para os viveiros de Lalín e Barro. De acordo ás bases que se publicaron hoxe no Boletín da Provincia, o certame estará dotado cun premio de 2.000 euros e está dirixido ao alumnado e antigo alumnado (que rematase os estudos no 2018 ou posteriormente) de ciclos formativos de Comunicación, Imaxe e Son, Artes gráficas e Comercio e Márketing e das titulacións de Belas Artes, Comunicación Audiovisual e Publicidade e Relacións Públicas. Pódese participar de xeito individual ou grupal (máximo de catro compoñentes). A achega de ideas para esta campaña e o seu desenvolvemento en medios de comunicación en liña debe comprender a definición da estratexia creativa da campaña, a creación de ideas, mensaxes publicitarias e elementos para a súa presentación e a elección dos soportes de promoción que se van empregar. Así mesmo, as persoas interesadas en participar teñen que ter en conta que o público da campaña son as e os destinatarios dos viveiros, persoas autónomas, empresas de nova ou recente creación e persoas emprendedoras da provincia. Amais, as ideas incidirán tamén no feito de que os viveiros constitúen un recurso con valor sobre todo para aquel público que busque establecerse nunha contorna rural, especialmente na comarca do Deza.


As persoas interesadas presentarán as súas solicitudes por vía electrónica co formulario dispoñible na sede electrónica  da Deputación (https://sede.depo.gal) e o prazo de presentación das candidaturas é de 20 días hábiles a partir deste mércores 30 de setembro. 





Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement