Centro Dramático Galego no se arredra e inicia temporada. 3 nuevas producciones abren camino...

O CDG INICIA TEMPORADA CON TRES NOVAS PRODUCIÓNS QUE MUDAN MODELOS E PRAZOS PARA AUMENTAR A COOPERACIÓN CO SECTOR Trátase de ‘O charco de Ul...

O CDG INICIA TEMPORADA CON TRES NOVAS PRODUCIÓNS QUE MUDAN MODELOS E PRAZOS PARA AUMENTAR A COOPERACIÓN CO SECTOR


Trátase de ‘O charco de Ulises’, dirixida por Marián Bañobre e Santiago Cortegoso, ‘Terceiro acto’, por Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez,  e ‘Serva me, servabo te’, por Belén Bouzas, Fran Martínez e Diego M. Buceta.


En paralelo, a compañía pública traballa noutras tres coproducións xunto a tres espazos escénicos de Vigo: ‘Clásicas desfeitas’, con Nonononlab, ‘Outras miradas’, con Ensalle, e ‘Cambio de foco’, con Sala Ártika.


O centenario do Salón Teatro, a convocatoria dunha bolsa de creación e dramaturxia ou o impulso de sinerxías coa ESAD son algunhas das accións que marcarán a actividade nos próximos meses


O Centro Dramático Galego (CDG), unidade teatral da Xunta de Galicia, configurou a súa temporada escénica 2020-2021 arredor de tres novas producións propias: O charco de Ulises, Terceiro acto e Serva me, servabo te, doutros tantos espectáculos en réxime de coprodución e de novas iniciativas deseñadas para reforzar a vocación de servizo público e de cooperación co sector no actual contexto sociosanitario.  


Distintas accións para impulsar a programación do Salón Teatro no seu centenario, o apoio á creación dramatúrxica actual ou a colaboración coa Escola Superior de Arte Dramático (ESAD) de Galicia son tamén eixos estratéxicos que guiarán a actividade do CDG nos vindeiros meses, poñendo máis que nunca a atención  no apoio á situación laboral dos profesionais da escena a través da creación de emprego directo e de colaboración coas empresas, ao tempo que se proporciona unha oferta teatral variada e de calidade.


Así, o director do CDG, Fran Núñez, deseñou unha planificación centrada na montaxe e distribución de tres espectáculos abertos á diversidade de temas e estilos da escena actual e todos eles, ademais, con dramaturxias contemporáneas: O charco de Ulises, recreación da Odisea de Homero dirixida por Marián Bañobre e Santiago Cortegoso; Terceiro acto, unha homenaxe aos nosos veteráns da escena, a cargo de Andrea Jiménez e Noemí Rodríguez; e Serva me, servabo te, unha proposta en clave más contemporánea e de hibridación de linguaxes, con dirección de Belén Bouzas, Fran Martínez e Diego M. Buceta. 


Ensaios xa en marcha e estreas en 2021

Nos tres proxectos, mudan os modelos de produción e prazos tradicionais para compoñer un calendario de traballo no que se lles dá prioridade, en termos temporais, ás contratacións de intérpretes e creadores. A asunción conxunta das tarefas de dramaturxia e dirección por parte de cada equipo de responsables artísticos, o adianto durante estes meses dos períodos de ensaios respecto ás datas de estrea (que serán en 2021) e o tecido, xunto con concellos que recibirán os espectáculos nos seus respectivos escenarios, dunha rede de transporte entre localidades próximas que maximizará a rendibilidade social das propostas, constitúen os piares sobre os que asenta a nova temporada do CDG.


Así, Terceiro acto, interpretada por Belén Constenla, Eduardo R. Cunha ‘Tatán’, Mabel Rivera, Fernando Morán e Roberto Leal, xa desenvolveu a primeira parte dos ensaios do 3 ao 18   de setembro, estrearase o  vindeiro 15 de abril. Pola súa banda, O charco de Ulises, con Fran Paredes, Óscar Allo, Paulo Serantes, Manuel Millán, Santi Prego, Inés Salvado, Mónica Caamaño, Rosalía Castro, Chusa Pérez e Raquel Espada ensaiarase a partir de outubro para se estrear o  14 de xaneiro do ano que vén.  En Serva me, servabo te, traballarán Olga Cameselle, Cristina Sánchez Legido, María García de las Llanderas, Raquel García Crespo e Cristian Fernández Castro que compartirán escena co equipo de dirección do espectáculo, con ensaios que comezarán en novembro para se estrear e distribuír no segundo semestre de 2021.


Coproducións con espazos creativos de Vigo

En paralelo, o CDG está a participar na produción dos tres vindeiros espectáculos doutros tantos espazos creativos e compañías no ámbito teatral que traballan na cidade de Vigo, como son Nononon.lab coa montaxe de Clásicas desfeitas, Ensalle con Outras miradas e Sala Ártika con Cambio de foco. Ademais de coproducir tres novidosos e proxectos que pasan pola creación colectiva, a investigación escénica e a experimentación, trátase de establecer unha liña de apoio coordenada con estes tres focos de difusión dramática de iniciativa privada, que teñen  gran repercusión na cidade e en toda a súa área de influencia e con crecente proxección tamén fóra dese ámbito xeográfico. 


A nova temporada complétase con liñas de acción como o incremento de sinerxías conxuntas coa ESAD, a través do deseño duns encontros que sirvan de ponte ao alumnado cara á súa integración profesional, así como a recuperación do Proxecto Nós, de intercambio e circulación internacional de estudantes en materias escénicas. No avance da  relación coa escena portuguesa, os lazos continuarán a estreitarse por medio dun programa específico que está a ser artellado xunto ao Instituto Camões.


Nova bolsa de creación e dramaturxia

Continúa tamén o compromiso coa dramaturxia galega actual que preside o  programa Dramaturxente, que será aínda máis intenso coa convocatoria dunha nova bolsa de creación e dramaturxia que lle achegue ao sistema teatral galego unha ferramenta global. Esta iniciativa nace do impulso do CDG en colaboración con diversos colectivos, que apoiarán un proxecto en cada unha das súas fases, desde a escrita ata á posta en escena. 

Tamén se lle está a prestar unha atención especial á actual celebración do centenario do Salón Teatro, sede do CDG, mediante o programa de concertos Mércores de Varanda , que se prolongarán todo o mes de outubro, e unha intensa carteleira que se abre nas vindeiras semanas a citas como a reposición de catro espectáculos de Teatro do Atlántico por mor do seu 35º aniversario, ás funcións da coprodución con A Quintana Teatro O Premio ou varias sesións programadas no marco do I Congreso Internacional do Teatro Galego.  




 

RÍAS BAIXAS TRIBUNA es una web de información, análisis, divulgación y crítica, contemplada en un planteamiento totalmente ajeno a lo comercial. El autor de RÍAS BAIXAS TRIBUNA no contrata publicidad alguna, ni tampoco recibe dinero alguno por la labor que realiza, lo que resulta suficientemente explicado en notas a pié de página de este site.
Salvo aquellos en donde hay referencia a sus autores o cita expresa con la firma de los mismos, todos los trabajos publicados en la web corresponden a la autoría directa del autor-director-editor de este site, o bien a hacerse eco -en todo o en parte- de informaciones, ideas, opiniones, imágenes y notas de prensa emitidas por terceros.
Sea como fuere : las opiniones vertidas en RÍAS BAIXAS TRIBUNA son de exclusiva responsabilidad de quienes las emiten y no representan, necesariamente, el pensamiento de esta publicación, por lo que el autor de esta web no se hace responsable -salvo aquellas que le son propias- de las ideas, datos, imágenes y opiniones de otros aquí reflejadas.
Nombre

-A EURORREGIÂO,222,-CORTOS Y DIRECTOS,27,-EL OCIO-TURISMO,50,-FRONTERAS,52,-LA CULTURA,61,-LA EURORREGIÓN,202,-LA VIDA,152,-Las Cosas de la Vida,2,-LAS OPINIONES,54,-LAS PERSONAS,57,-LOS DEPORTES,137,-m,1,-MAIS PORTUGAL,95,-MÁS ESPAÑA,63,-Ocio/Deportes/Espectáculos,1,-PORTADA,102,-PORTADA),255,-Y ADEMÁS...,82,+ GALICIA,1,1-EURORREGIÓN,330,10-OCIO-ESPECTACULOS,35,11-PORTUGAL TAMBIÉN,89,12-ESPAÑA TAMBIÉN,42,13-MÁS DE PORTADA,8,2-GALICIA,108,3-PORTUGAL,41,4-LAS COSAS DE LA VIDA,251,5 ASUNTOS DE PORTADA EN RÍAS BAIXAS TRIBUNA,470,5-OPINIÓN,82,6-OCIO-DEPORTES-ESPECTÁCULOS,157,7-MÁS EURORREGIÓN,151,8-EL ÚLTIMO PARTE,48,CAJÓN DE SASTRE,283,CORONAVIRUS,74,CORTOS Y LARGOS,6,CULTURA Y ESPECTÁCULOS,19,DEPORTES,311,EL ÚLTIMO PARTE,26,ESPAÑA,295,ESTAS TIERRAS Y ESTAS GENTES,12,EURORREGIÂO,16,EURORREGIÓN,35,EURORREXIÓN,39,FERROCARRIL,236,GALICIA,1125,GALICIA SUR,127,INTERNACIONAL,73,LAS COSAS DE LA VIDA,583,LOS DEPORTES,16,MAIS PORTUGAL,23,MÁS ESPAÑA,8,MÁS GALICIA,186,MASS-MEDIA,472,Medios de Comunicación,6,OCIO,173,OCIO-ESPECTÁCULOS,149,OCIO-TURISMO,219,OPINION,127,Opinión,8,OTRA PORTADA,10,PIE DE FOTO,12,PONTEVEDRA,190,PORTADA,39,PORTUGAL,573,PORTUGAL NORTE,67,PROVINCIA,617,PUNTOS DE VISTA,16,REPORTAJES,2,REPORTAJES-ARTÍCULOS,44,RETRATOS,79,SPORTING DE BRAGA,151,TAUROMAQUIA,138,VIAJES,3,VIGO,284,
ltr
item
RÍAS BAIXAS TRIBUNA: Centro Dramático Galego no se arredra e inicia temporada. 3 nuevas producciones abren camino...
Centro Dramático Galego no se arredra e inicia temporada. 3 nuevas producciones abren camino...
https://1.bp.blogspot.com/-ZD73YOCmjiQ/X2nqE5ozl-I/AAAAAAAAw8s/AUC2S4HsGG0U72rZrfpZXX15CR2WoyNhACLcBGAsYHQ/w640-h420/Captura%2Bde%2Bpantalla%2B2020-09-22%2Ba%2Blas%2B13.08.19.png
https://1.bp.blogspot.com/-ZD73YOCmjiQ/X2nqE5ozl-I/AAAAAAAAw8s/AUC2S4HsGG0U72rZrfpZXX15CR2WoyNhACLcBGAsYHQ/s72-w640-c-h420/Captura%2Bde%2Bpantalla%2B2020-09-22%2Ba%2Blas%2B13.08.19.png
RÍAS BAIXAS TRIBUNA
https://www.riasbaixastribuna.com/2020/09/centro-dramatico-galego-no-se-arredra-e.html
https://www.riasbaixastribuna.com/
https://www.riasbaixastribuna.com/
https://www.riasbaixastribuna.com/2020/09/centro-dramatico-galego-no-se-arredra-e.html
true
1496149115088572514
UTF-8
Loaded All Posts Not found any posts VIEW ALL Readmore Reply Cancel reply Delete By Home PAGES POSTS View All RECOMMENDED FOR YOU LABEL ARCHIVE SEARCH ALL POSTS Not found any post match with your request Back Home Sunday Monday Tuesday Wednesday Thursday Friday Saturday Sun Mon Tue Wed Thu Fri Sat January February March April May June July August September October November December Jan Feb Mar Apr May Jun Jul Aug Sep Oct Nov Dec just now 1 minute ago $$1$$ minutes ago 1 hour ago $$1$$ hours ago Yesterday $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago more than 5 weeks ago Followers Follow THIS PREMIUM CONTENT IS LOCKED STEP 1: Share to a social network STEP 2: Click the link on your social network Copy All Code Select All Code All codes were copied to your clipboard Can not copy the codes / texts, please press [CTRL]+[C] (or CMD+C with Mac) to copy Table of Content