Caballero bendice el enorme centro comercial que lleva en su barriga la estación del tren
0
Comentarios
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este os traballos do Centro Vialia, situado sobre a Estación de Urzaiz, xunto aos directivos de Ceetrus, promotora da infraestrutura que ten previsto a súa apertura o vindeiro verán de 2021.
“É unha obra colosal, arquitectonicamente marabillosa e proporciona unha praza inmensa, de uso público e aberto para a cidade”, sinalou o rexedor antes de apuntar a importancia que terá na vida social e na economía da cidade. “Vai a ter un factor de dinamización moi importante, de referencia en toda Galicia e Portugal, un dinamizador global e económico da actuación comercial”, apuntou na rolda de prensa celebrada no Concello despois da visita.
Caballero insistiu en que o centro non vai a competir co pequeno e mediano comercio local e destacou o deseño do arquitecto Thom Mayne “cun miradoiro único, unha xenialidade para ver o mar e con grandes lucernarios que permiten á luz penetrar no edificio”.
Ademais, o alcalde sinalou que este mesmo xoves o goberno local aprobará o proxecto para humanizar a Praza da Estación despois de recibir o visto e prace do departamento autonómico de Patrimonio. A licitación, cun importe de 1,6 millóns, será nos vindeiros días e o adxudicación en novembro, polo que estará acabada a mediados do vindeiro ano, cando finalice o conxunto das obras.
Tamén esta mesma semana comenzarán as obras das zonas verdes e espazos contiguos, adxudicados xa o agosto pasado cun investimento de 1,2 millóns de euros. Dentro das actuacións do Concello de Vigo na contorna da estación, o alcalde tamén sinalou que nos próximos días comezarán os traballos previos para a construción do túnel da rúa Lepanto, cun importe de 11,8 millóns.
Todas estas obras están incluídas no convenio firmado polo Goberno central, autonómico e local por un importe global de 21,4 millóns, que inclúe o túnel, a reforma da Praza da Estación, os espazos verdes, a conexión da Estación de Autobuses coa AP-9 e o núcleo de comunicación. ADIF aportará 14,6 millóns (68%), o Concello outros 3,4 millóns (16%) e a Xunta 3,4 millóns máis (16%).