Con 25 establecementos participantes, Fecimo está a traballar na organización dun evento coñecido na comarca e que, cada ano, reúne a máis visitantes. Como vén sendo habitual, os expositores que participan nesta edición venderán o seu stock con grandes descontos.
Nesta décima quinta edición, a Feira presentará a mesma esencia que en anos anteriores, pero busca acadar a maior seguridade posible para clientes e expositores dada a actual situación derivada do Covid-19. Por este motivo, a organización decidiu este ano cambiar o concepto da carpa común por haimas individuais que duplican o espazo de exposición por empresa chegando aos 25m2.
A Organización porá a disposición dos visitantes xel hidroalcohólico nas zonas de acceso principais e, igualmente, en cada unha das jaimas individuais, onde tamén facilitará luvas e papeleiras con pedal para o seu depósito tralo seu emprego. Do mesmo xeito, establecerá un percorrido no recinto da feira e habilitará persoal para velar polo aforo e o cumprimento das normas de hixiene e seguridade para acadar unha feira que sexa un éxito en ventas e en seguridade.
A Feira terá lugar nas inmediacións dos Xardíns do Sinal (fronte ao Concello de Cangas) cunha formación en “T” de 25 haimas individuais de 5x5 metros, separadas entre si e pechadas polo perímetro exterior que
ocupará unha superficie de máis de 1000m2, tratando de procurar, deste xeito, maior distanciamento e espazo entre expositores e clientes, pero sen perder a súa esencia de conxunto.
Os visitantes poderán facer as súas compras con tarxeta, colaborando así en ter unha Feira máis segura, xa que son moitos os establecementos expositores que contarán con TPV inalámbrico.
Os asistentes a esta Feira poderán atopar produtos de comercios de Cangas, Bueu e Moaña e de diferentes sectores como moda, tecnoloxía, zapatería, infantil, etc. con grandes rebaixas de ata o 70%, chegando a atopar verdadeiras gangas.
A Feira de Oportunidades lembramos que está organizada pola Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo –FECIMO- e conta co apoio da Xunta de Galicia, o Concello de Cangas e ABANCA, xuntando esforzos para fomentar o comercio local de Bueu, Cangas e Moaña.