Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Rematan as obras na estrada provincial Marín-Penizas

A Deputación de Pontevedra vén de rematar as obras de mellora da drenaxe lonxitudinal na estrada provincial EP-1201 Marín- Penizas, ao seu paso polo lugar de Castro, onde se investiron preto de 50.000 €. A través desta actuación, a institución provincial procedeu á limpeza de ambas marxes da estrada e á instalación de drenaxes e saneamentos nun tramo situado entre A Brea e A Porteliña.


Mediante estas obras de mellora continuáronse as tarefas desenvolvidas xa anteriormente na EP-1201 para incrementar a súa seguranza viaria, enmarcadas no modelo de mobilidade segura da institución provincial. En concreto, en primeiro lugar procedeuse á limpeza das cunetas por ambas marxes e, a continuación, á colocación dunha gabia drenante ou de saneamento. Amais, canalizáronse as augas pluviais nas marxes da estrada cun colector e cuneta practicable de formigón para mellorar a drenaxe lonxitudinal nun tramo de 510 metros. 


Ad Code

Responsive Advertisement