O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, visitou este mediodía os preparativos da montaxe
 do festival Vive Nigrán, o 
primeiro en celebrarse dos 13 que conforman o programa FEST Galicia para
 2020 e que contan cun apoio económico de 400.000 euros por parte Xunta 
para os concertos e accións que levarán a cabo
 durante todo o verán. 
Acompañado por Juan Rivas, director
 do festival, Jacobo Sutil percorreu o novo recinto do evento nas pistas
 de tenis das dunas de Gaifar, próximo a Praia América, no que hoxe pola
 tarde e mañá sábado se desenvolverá
Vive Nigrán 2020 Picnic-Club Edition,
 un formato reducido e adaptado á nova realidade, cos recitais de Annie 
B. Sweet e Rufus T. Firefly, e outras actividades. Ademais do
Vive Nigrán, forman parte de FEST Galicia este ano
Sinsal Litoral SON Estrella Galicia, 
Festival 17º Ribeira Sacra, MicroSonRías,
Atlantic Fest/FestGalicia Xacobeo 2021,
Resurrection Fest 2020 Online Edition, 
Revenidas en conserva, WOS Talks X FEST Galicia,
Cantos na Maré/Compostela na Maré, 
Underfest SON Estrella Galicia, Festival de la luz/Reencientros de la luz,
Noites de Caudal e 
PortAmérica/Talento galego para levar. 
