Ad Code

Ad Code

La Xunta lleva ya ¡4 meses! esperando por la licencia de la segunda fase de obras de un edificio vital para Pontevedra

Escandalosos retrasos, burocracia impresentable... La Xunta ha denunciado el supuesto mal hacer del Concello de Pontevedra que no espabila ni siquiera para una dotación de excelencia para la ciudad del Lérez.

A XUNTA LEVA CATRO MESES AGARDANDO POLA LICENZA DA SEGUNDA FASE DAS OBRAS DE BENITO CORBAL

A obra está xa adxudicada e todo listo para que poida dar comezo a reforma das plantas superiores do edificio, a expensas da licenza do concello

O orzamento total investido na reforma do edificio ascende a 5 millóns de euros, que permitiron recuperar para o uso público os case 6.000 metros cadrados deste edificio situado no centro da cidade de Pontevedra


A Xunta leva catro meses agardando pola licenza da segunda fase das obras do edificio de Benito Corbal, concretamente das plantas 5ª, 6ª e 7ª a disposición da Universidade de Vigo e a planta 8ª que albergará a Fundación Manuel Moldes.

A obra está xa adxudicada e todo listo para que poida dar comezo a reforma de estas plantas superiores, a expensas da licenza do concello. Cabe lembrar que a licenza de obra foi solicitada o 2 de marzo e a taxa correspondente aboada. O concello solicitou tamén o aboamento da taxa da licenza de apertura, que a Xunta pagou o 18 de maio.

Os traballos centraranse en acondicionar as plantas 5ª, 6ª e 7ª, que se porán a disposición da Universidade de Vigo, e a 8ª, que será ocupada pola Fundación Manuel Moldes. Entre outras accións, remataranse os teitos, pavimentos e bloques de aseo e acometeranse as preinstalacións de climatización, electricidade ou telecomunicacións.
As obras terán un prazo de execución previsto de 6 meses, polo que a previsión inicial era que o edificio podería estar plenamente operativo a finais de ano.

Cómpre recordar que o resto do edificio xa foi reformado e acondicionado nunha primeira fase que abrangueu desde o soto á planta 4ª. Grazas a estes traballos, xa están funcionando no edificio e no centro da cidade as oficinas de emprego e os locais destinados ás asociacións, entidades sen ánimo de lucro, con fins de interese social, cultural, deportivo, ou sanitario. Ademais, tamén se habilitaron outros espazos de usos xerais como un salón de actos, que xa acolleu ata o momento varios eventos.

O orzamento total investido na reforma do edificio ascende a 5 millóns de euros, que permitiron recuperar para o uso público os case 6.000 metros cadrados deste edificio situado no centro da cidade de Pontevedra. Os traballos de rehabilitación recuperaron así para a cidadanía un espazo moderno, cómodo e accesible, que é ademais enerxeticamente eficiente grazas, entre outras instalacións, ás caldeiras de biomasa ou a unha instalación solar fotovoltaica.

Na foto : moito chau-chau no principio e agora... toda a calma do mundo desde a burocracia municipal polo que se observa.