Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

La tortuga "Abanqueiro" regresa al mar tras recuperarse de su ingestión de plásticos

A tartaruga mariña común, Caretta caretta, "Abanqueiro" regresa hoxe ás augas do mar Atlántico para retornar ás augas do Caribe, despois de recuperarse da inxestión de plástico mariño. A directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, supervisou esta mañá o protocolo de liberación deste exemplar mariño, que apareceu varado na praia de Abanqueiro, no Concello de Boiro, a comezos do mes de maio. 

Tras o seu ingreso, os técnicos da Asociación Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños facilitaron todos os coidados oportunos para recuperar a tartaruga, que mostrou melloría no seu estado despois de expulsar material plástico que causaban unha obstrución parcial no seu sistema dixestivo. 

Tal e como explicou do Campo, a detección diagnóstica de plásticos é moi dificultosa porque nos métodos clínicos non invasivos, como as radiografías que se realizan rutineiramente na exploración dos exemplares ingresados, non son detectados; polo que recordou a importancia de evitar a presenza de plásticos no mar, porque ademais de ser un foco de contaminación do ecosistema importante, poden chagar a provocar a morte e feridas importantes ás aves e aos mamíferos mariños que habitan a costa galega.

Salientou que detrás da recuperación de Abanqueiro está o traballo e profesionalidade do equipo de Cemma, pois no momento no que foi localizada o exemplar medía 31 cm, pesaba dous quilos e presentaba varias feridas de pouca consideración nas aletas e na cuncha.

A súa recuperación foi paseniño, ganando peso ata acadar os 2,3 kg e fechando as súas feridas, e mantivo a actividade de natación e mergullo; polo que non había razón que xustificara o seu varamento; ata que nas seguintes xornadas expulsou o material plástico.

Unha vez que se ten constatado a súa recuperación total, procédese a súa liberación en augas da costa galega entre os meses de xuño e setembro, pois as condicións oceanográficas nestes meses garanten o seu camiño cara ao suroeste, que lles permita o retorno ás augas do Caribe. Para evitar situacións de risco, os exemplares son liberados fóra das rías.

Por último, recordou que nos últimos 20 anos foron rexistradas 123 tartarugas mariñas vivas, 10 foron tartarugas de coiro, Dermochelys coriacea, exemplares de ata dous metros de lonxitude e 400 kg atrapadas en cabos e aparellos no mar, que foron liberadas, e o resto das 113 foron tartarugas comúns, Caretta caretta, xuvenís de 20 a 70 cm, varadas maioritariamente, conseguindo o seu reingreso ao mar no 74% dos casos.



Ad Code

Responsive Advertisement