Carmela Silva dice que es "brutal" la acogida de los ciudadanos al programa cultural de la Deputación
0
Comentarios
Prazas esgotadas na práctica totalidade dos programas para este verán. “Somos a administración pública que máis actividade cultural está a achegar na provincia”
A Deputación lanza “Prendendo butacas”, a nova iniciativa que levará o teatro “con valores” a todas as comarcas entre outubro e decembro
A "desbordante acollida da cidadanía" a aposta da Deputación de Pontevedra pola reactivación cultural ao longo de todo o territorio da provincia vén a amosar, como subliñou hoxe a presidenta Carmela Silva, que a institución “está acertando coa súa amplísima programación para este segundo semestre”. A presidenta provincial cualificou de “brutal” a demanda de cultura por parte da sociedade, que ven de esgotar practicamente todas as prazas ofertadas nos distintas actividades “que tiveron unha espectacular resposta do público. A Deputación, engadiu, é sen dúbida a administración pública que máis actividade cultural está a achegar nesta provincia, levando proxectos a cada recuncho porque todas as persoas teñen dereito á cultura vivan onde vivan”.
Carmela Silva subliñou o feito de que esta actividade cultural está a achegarse a concellos “que se non fora por estas propostas non podería desfrutar da cultura”. Só durante o verán, están programadas 13 actuacións nas comarcas de Deza-Tabeirós; 12 no Salnés; 11 en Pontevedra; 14 en Vigo; 8 no Morrazo; 8 no Baixo Miño e 14 na comarca do Condado-A Paradanta. “Son ducias e ducias de actividades _manifestou_ como nunca tivo acontecido nesta provincia. Porque o noso obxectivo é levar á cultura a todos os lugares e a todas as persoas, así como apoiar ao sector, que realmente o está a pasar moi mal. E nós non podemos permitir que caia”.
Case todos os proxectos postos en marcha teñen todas as prazas esgotadas” como o programa “Re-Acción nos Castelos”, con 14 actividades, e para os que tan só quedan unhas poucas prazas nos concertos do 31 de xullo e 11 de agosto; ou o de Música no Ar, co aforo esgotado nas actividades que tiñan obrigada reserva previa. Tamén apuntou o éxito das propostas de Musigal, con seis concertos xa celebrados este mes e outros 34 previstos ata decembro.
Este respaldo da cidadanía vese tamén nas actividades “de deporte sostible”. Xa están esgotadas as 200 prazas (tamén as da lista de agarda) da primeira das Depoandainas ofertada, que se celebrará o 9 de agosto polos Muíños da Fraga en Moaña. No que se refire ao proxecto “Bosques Terapéuticos”, están esgotadas as 450 prazas das 30 rutas programadas por cinco parques forestais. Tamén as listas de agarda.
Volve o teatro con “Prendendo Butacas”
Carmela Silva deu a coñecer tamén hoxe os contidos da iniciativa coa que a Deputación recupera o teatro tralo Covid-19 para achegalo a todas as comarcas da provincia “e a concellos de todas as cores políticas, sempre co criterio de que os recursos cheguen a todos os veciños e veciñas, sen importar por quen estean gobernados”. Deste xeito, “Prendendo butacas”, enmarcado na programación “Re-Acción Cultural”, ofrecerá dez actuacións noutros tantos concellos entre outubro e decembro, a cargo de compañías profesionais da provincia.
Deste xeito, Vila de Cruces (comarca do Deza) acollerá a actuación de Educa Teatro, coa función “Carapuchiña vermella”, mentres que A Estrada (Tabeirós-Terra de Montes) será escenario da proposta de Butaca Zero titulada “Camiños”. Doutra banda, A Feroz porá en escena “Afterparty” en Cuntis (Caldas); A Panadaría a obra “Elisa e Marcela” na Illa de Arousa (O Salnés); Viravolta Títeres ofrecerá “Todos ao balcón” en Moaña (O Morrazo); Tanxarina Títeres “A galiña azul” en Vilaboa (Pontevedra); Ibuprofeno Teatro amosará “O mel non caduca” en Mos (Vigo); Isabel Blanco, Silvia Penas e Mariana Carballal ofrecerán “Literarias” en Oia (Baixo Miño); Baobab Teatro levará “Mai Mai” a Mondariz (O Condado) e, por último, Coperactiva ofrecerá o espectáculo “Rosalía” na Cañiza (A Paradanta).
A presidenta destacou que as obras que protagonizarán estas compañías abordan temas como “o medio ambiente, a igualdade ou a diversidade”, de xeito que se achegará “teatro con valores, porque o teatro ten unha enorme capacidade de transformación”. Os espectáculos abordan diferentes formatos como a performance, a lectura dramatizada, o musical ou o teatro de monicreques e algunhas das propostas están dirixidas de xeito especial ao público infantil. “Non faltarán o humor, a transgresión e, sobre todo, a creatividade destas compañías”, subliñou Carmela Silva. A Deputación, como explicou a presidenta da institución provincial, ten elaborado un protocolo cunha serie de recomendacións de aplicación para todos os eventos culturais que realizará nas comarcas.