Bará (Bloque) anuncia ya que van a "asaltar la Presidencia de la Xunta en estos próximos 4 años"

Los del Bloque siguen muy contentos una semana después de las elecciones. Tanto que Bará, su número 1 provincial, ha anunciado el objetivo para este nuevo tiempo de los cuatro años que tienen por delante para "asaltar la Presidencia de la Xunta".
Bará: “O 12X sitúa ao BNG e a Ana Pontón na plataforma de lanzamento para asaltar a presidencia da Xunta nos próximos catro anos"
O cabeza de lista prometeu máis traballo e responsabilidade por parte do BNG para dar resposta aos problemas da sociedade galega con propostas e alternativas

Destacou o incremento do Bloque nas áreas de Vigo, O Morrazo, O Baixo Miño e Pontevedra, nalgúns casos como primeira forza, como a clave para a baixada do Partido Popular na provincia


Coa convicción de que comeza un novo ciclo político "cun cambio social e unha nova Galiza representada polo BNG de Ana Pontón", o cabeza de lista pola provincia de Pontevedra, Luís Bará, asegurou que o Bloque Nacionalista Galego comeza a súa andaina cara o 2024. Na súa valoración dos resultados electorais, Bará subliñou que “o mellor está por vir para o BNG e para Galiza” xa que o 12X vén de situar á formación nacionalista e á súa líder, Ana Pontón, “na plataforma de lanzamento para asaltar a presidencia da Xunta nos próximos catro anos” como única alternativa ao Partido Popular.

Bará prometeu un incremento de traballo e dedicación por parte do BNG no Parlamento galego. “Asumo este resultado para traballar máis e mellor e conseguir o apoio da maioría social deste país e coa responsabilidade de dar resposta aos problemas que ten a sociedade galega neste momento, de estar á altura, e ter unha oposición esixente e crítica pero tamén con propostas e con alternativas. Nese sentido Ana Pontón xa ofreceu ao BNG para un grande acordo de país e sacar a Galiza da crise”, destacou, recoñecendo a vitoria do Partido Popular, pero amosando tamén a súa satisfacción polo mellor resultado da historia do BNG, incluso superando ao do 1997 con 18 deputados.

Segundo apuntou, "o nacionalismo e o BNG como organización están mellor situados hoxe que naquel entón en canto a experiencia de goberno, implantación territorial e a un factor determinante como é o liderado político". “Non hai un liderado político no panorama galego que lle poida disputar ao Partido Popular a hexemonía como Ana Pontón. Ten 42 anos, unha grandísima experiencia e un magnetismo e capacidade de chegar á xente. Isto sitúa ao BNG e a Ana Pontón na plataforma de lanzamento para asaltar a presidencia nos próximos catro anos. Falta bastante pero pasa rápido”, abondou.

Na súa valoración dos resultados electorais, Bará agradeceu ás persoas que apoiaron ao BNG, máis de 310.000 en toda Galiza cun incremento de máis de 190.000 votos con respecto a hai catro anos, algo que cualificou como “absolutamente asombroso e extraordinario, nunca visto polo BNG”. En Pontevedra destacou os máis de 111.000 votos recibidos e subliñou que foi nesta provincia onde o Partido Popular tivo os peores resultados tanto en porcentaxe como en votos, cunha media do 47,98% dos votos en toda Galiza, e unha media na provincia do 42,38%.
Segundo dixo, nese resultado foi clave o incremento en xeral do BNG sobre todo nas zonas da área de Vigo, O Morrazo, o Baixo Miño, tamén a comarca de Pontevedra. Subliñou a diferenza do comportamento electoral do Partido Popular na provincia de Pontevedra con respecto ás provincias do norte, A Coruña e Lugo, onde destacou que o factor determinante foi o Partido Socialista, que mentres en Pontevedra aguantou e incluso subiu, nesas provincias tivo unha perda importante de votos que foron ao Partido Popular, algo que ao seu entender relacionado coa crise industrial e tamén co papel do Goberno do Estado.

“En canto ao BNG, na provincia de Pontevedra tivo un resultado excelente, do 24,7% dos votos, moi bo en Vigo e Pontevedra, e xa non digo en concellos nos que gañamos, como Soutomaior ou O Grove, nos que tivemos case posición de primeira forza, como nalgúns concellos do Morrazo ou o Baixo Miño, con bo resultado tamén en Catoira e en moitos sitios”, insistiu.
Segundo dixo o cabeza de cartel, o 12X houbo unha mudanza importante no panorama político galego co BNG confirmado e consolidado como alternativa de goberno e de futuro ao PP, xunto coa clarificación e a concentración do panorama político e a redución de grupos políticos a tres coa desaparición das Mareas e de Podemos. Outro factor, sinalou Bará, é a proxección que o resultado lle dá ao BNG no panorama estatal “convertendo a Galiza nun actor político de primeiro nivel”.

Bará explicou os bos resultados do BNG con varias claves. A primeira foi o traballo dos últimos catro anos, que definiu como de moita seriedade e rigor, e sobre todo en equipo; en segundo lugar destacou a implantación no territorio, cousa que non teñen outras forzas políticas que foron competidoras e que perderon pé, a grande implantación institucional con gobernos que son exemplo e referencia que dan o aval de credibilidade e de recoñecemento, e tamén a implantación social e organización en moitos sitios onde por exemplo O Morrazo ou o Baixo Miño.
Por suposto, insistiu no proxecto ilusionante encabezado por Ana Pontón, e tamén na campaña extraordinaria, moi intensa, prolongada no tempo do BNG. “Fomos a máis e conseguimos mobilizar e concentrar arredor do BNG o voto da xente que quería un cambio galego, cun efecto de arrastre que incluíu o voto que noutras ocasións foi para outras forzas políticas que agora desapareceron do panorama”, subliñou, engadindo que unha das claves foi que moita xente votou con ilusión e esperanza.

“Ana Pontón foi quen de atraer ese voto con ese liderado atractivo e magnético que fai que chegue a públicos moi amplos, tanto a nacionalistas como persoas que non se declaran nacionalistas. Isto confirma se non estaba xa claro, que Ana Pontón é a líder do futuro deste país e que vai ser presidenta do goberno galego . Non teño dúbida . O resultado confirma claramente esta idea. Hai sectores da dereita que ven tamén esta situación”, finalizou.

En el centro Luis Bará, el diputado que se hizo famoso en el Parlamento Gallego por romper un día, en una
sesión plenaria, desde el atril central, unas fotos del Rey.