Responsive Ad Slot

Latest

latest

"A raia" se aficiona a los 40º. Estado de Alerta, decretan los organismos competentes.

Ayer viernes, en zonas de Salvaterra/Monçâo, Arbo/Melgaço, se llegó a los 40 grados de temperatura. Cercanos a los 40 grados estuvieron en otras zonas del Baixo Miño gallego y Alto Minho portugués. Lo mismo sucedió, superando los 40 incluso, en zonas de la provincia de Ourense.
Alerta Naranja decretó también para este sábado la Xunta. Lo mismo por la Autoridad portuguesa del Ambiente. Riesgo elevadísimo de incendios, no hará falta resaltarlo.

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta vén de activar a alerta laranxa por altas temperaturas nas zonas do Miño, nas provincias de Pontevedra e Ourense.
Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), trátase dun fenómeno meteorolóxico esperase que de comezo este mediodía que se prolongará ata últimas horas da tarde. Poderanse alcanzar ata 37 graos. Están en alerta amarela por altas temperaturas zonas do interior de A Coruña, Lugo e Ourense, así como as Rías Baixas e o litoral suroeste da provincia de A Coruña.
Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos da provincias afectadas; deputacións; servizos provinciais; e agrupacións de voluntarios de Protección Civil, entre outros. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.

Ante este episodio de altas temperaturas, recoméndase extremar as precaucións, especialmente entre os colectivos máis vulnerables como persoas maiores, nenos, persoas con enfermidades crónicas e tamén no caso de persoas que realizan traballos físicos intensos ou deporte ao aire libre.

Recoméndase limitar a exposición o sol, manter unha boa ventilación e ter en conta os cambios de temperatura. É tamén aconsellable manterse hidratado, tomar comidas lixeiras, cubrir a cabeza e evitar exercicios físicos prolongados ao sol. Ademais, recórdase que nunca debe deixarse a nenos ou persoas maiores no interior de vehículos pechados.
Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.axega112.gal), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.








Don't Miss
© all rights reserved
made with by templateszoo