Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

12-J : chamados a votar 2.234.152 galegos, nas 3.952 mesas e 2.395 colexios electorais.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou o centro de prensa dende onde este domingo se difundirán os resultados das Eleccións ao Parlamento de Galicia, nas que están chamados a votar 2.234.152 galegos, nas 3.952  mesas distribuídas polos 2.395 colexios electorais.
Alfonso Rueda estivo acompañado do director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, que se encargará mañá das comparecencias aos medios de comunicación. 

O censo electoral para estas eleccións ao Parlamento galego ascende a  2.697.315 persoas xa que, aos máis de 2,2 millóns de electores censados en Galicia, hai que sumarlle os 463.163 inscritos no Censo Electoral de Residentes Ausentes (CERA). 

O electorado contará con máis de 32 millóns de papeletas e 3,3 millóns de sobres de votación. Ademais, e como medidas de prevención á covid-19, a Xunta porá a disposición dos electores case 2,4 millóns de mascaras cirúrxicas,  máis de 40.000 botes de xel hidroalcohólico e ao redor de 47.000 pantallas faciais para os membros das mesas electorais. 

Está previsto que ao longo do día de mañá se produzan polo menos catro comparecencias do director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva. A primeira ás 10,30 horas para dar conta da apertura de mesas e posibles incidencias; outras dúas para trasladar os avances de participación, ás 12,30 e ás 17,30; e outra máis unha vez o reconto estea avanzando para informar dos resultados do escrutinio, a partir das 21,30 horas.

Protocolo voto seguro
Alfonso Rueda lembrou que para o día de mañá está activado o protocolo de medidas de prevención sanitaria, que é un protocolo de máximos para que se poida votar con todas as garantías e que inclúe todas as medidas de seguridade que estaban previstas para calquera circunstancia adversa. 

Así, estarán despregados en todos os locais electorais preto de 3.900 representantes da Administración con funcións de vixilancia e supervisión para asegurar o cumprimento das medidas en materia de saúde pública. Haberá alomenos un en cada local electoral para regular o acceso e controlar que se cumpren as medidas do Protocolo de seguridade.

Información en tempo real
O vicepresidente da Xunta tamén lembrou ques está dispoñible para descarga a aplicación móbil que permitirá seguir os datos de participación e o avance en directo do escrutinio das eleccións ao Parlamento de Galicia que se celebran mañá e que pode instalarse desde os markets de Android e iOS.
Ademais, todos os cidadáns poderán ter acceso aos datos en tempo real na páxina web 
https://resultados2020.xunta.gal, onde se ofrecerán datos do escrutinio provisional a nivel autonómico, provincial, comarcal e por concellos e datos de participación segundo se vaian recibindo, incluíndo comparativas coas eleccións do 2016.
Ademais da app e da web de resultados, cómpre destacar que a Xunta tamén ten operativa a páxina web https://eleccionsgalicia2020.gal/, onde se centraliza toda a información de interese relacionada co proceso electoral.

Visita dun representante do Goberno catalán

Durante a xornada de sábado e domingo, un representante do Goberno catalán está visitando o centro de proceso de datos e o de difusión de resultados. Durante o domingo, tamén visitará locais electorais para coñecer as medidas de prevención da covid-19 implantadas.






Ad Code

Responsive Advertisement