viernes

Veladores y terrazas pueden estar abiertas hasta las dos de la madrugada

O Concello de Pontevedra acaba de ditar unha resolución para ampliar o horario de peche dos veladores da cidade durante o verán, e tratando de paliar a incidencia que que a Covid-19 tivo na hostalería da cidade. Será dende o 13 de xuño (ás 00.00 horas) até o 6 de setembro, ambos os dous incluídos.
Durante todo este período, os veladores poderán pechar media hora máis do horario habitual. É dicir, o peche pasará a ser de 01.30 a 02.00 horas, e no caso de domingos, festivos e na Semana da Peregrina este horario prolongarase, á súa vez, media hora máis, puidendo retirar os veladores ás 02.30 horas.
A ampliación do horario está contemplada no artigo 23 da vixente Ordenanza municipal reguladora da instalación de veladores (mesas e cadeiras) na vía pública e, ao abeiro do disposto no artigo 22.4 de dita Ordenanza, autorízase que o horario establecido se amplíe noutra media hora máis nas noites de venres a sábado, sábado a domingo e vésperas de festivo.