El Concello de Arbo recupera ya la atención al público aunque con cita previa

A atención o público será con cita previa

A atención será preferentemente telefónica ou telemática, so de xeito presencial cando sexa imprescindible, dacordo os protocolos do Goberno de España

Obrigatorio o uso de mascarilla

ARBO RECUPERA A SÚA ATENCIÓN AO PÚBLICO PRESENCIAL CON CITA PREVIA E CON MEDIDAS DE SEGURIDADE


Arbo recupera a atención ao público presencial na súa administración tras incorporar unha serie de medidas de seguridade e prevención fronte ao contaxio nos primeiros días de fase 2 no plan de desescalada, para o que será necesario pedir cita previa.
O Concello de Arbo, adoptou todas as medidas de seguridade tanto para os traballadores como para os usuarios de todos os servizos, colocando mamparas protectoras en todas as dependencias municipais, dispensadores de xel e alfombras desinfectantes na entrada a Casa Consistorio. Asemesmo, tamén están colocadas sinais para circular polo concello e pegatinas recordando manter a distancia de seguridade.

Para pedir cita previa e ser atendido nas dependencias municipais ten a súa disposición os seguintes teléfonos e correos electrónicos:

Oficinas xerais: 986 66 50 00

Oficinas.concellodearbo@gmail.com

Oficinas2.concellodearbo@gmail.com

Rexistro@concellodearbo.gal

Axente de desenvolvemento local: 986 66 50 78 – aedle@concellodearbo.gal

Tesoureria: 986 28 99 50 – tesorería@concellodearbo.gal

Servizos Sociais: 650474757 – 627 459 808 – 986 28 99 55 – servizossociais@concellodearbo.gal - educadora@concellodearbo.gal

Tributos e catastro: 986 28 99 54 – tributos@concellodearbo.gal

O alcalde do Concello de Arbo, lembrou que as dependencias municipais de Arbo, non deixaron de funcionar durante o estado de alarma, xa que traballaron de forma ininterrompida de maneira telemática para a expedición de documentos, rexistros e outras xestións administrativas. Recorda que seguindo as indicación do Goberno de España, será necesario solicitar cita previa para recibir atención nas dependencias municipais, para o que haberá que chamar aos teléfonos de cada departamento, aínda que nos próximos días tamén se vai a habilitar un sistema gratuíto a través da sede electrónica do Concello de Arbo.
Horacio Gil, instou aos arbenses a que se manteñan informados respecto das noticias do Concello de Arbo "a través da nosa web e nas redes sociais do noso concell". O rexedor termina recalcando que os veciños e veciñas teñan “moito coidado, respecto e precaución” e cumpran co establecido e recomendado polas autoridades sanitarias, o Goberno de España e a Xunta de Galicia.