Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Cuidado con las viñas, cuidado con las patatas... nuevo aviso de Areeiro

A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, vén de lanzar un novo aviso fitosanitario no que sinala que  as altas temperaturas destes días e o tempo soleado favoreceron ao crecemento das viñas, de feito nas máis adiantadas xa están os grans tocándose na maioría de acios. Amais, en canto ao mildio, segue advertindo que as previsións meteorolóxicas apuntas ao mantemento de condicións favorables ás infeccións e recomendan as revisións exhaustivas e continuas das viñas para comprobar a evolución da enfermidade, dar os tratamentos necesarios e nunca descoidar as prácticas que facilitan a ventilación dos acios.

En canto ao oídio, sinala que as condicións típicas desta época son favorables a súa aparición, con temperaturas nocturnas moi elevadas. Neste senso, recoméndase permanecer moi alerta para poder reaccionar a tempo, xa que nalgunhas viñas xa hai acios que presentan algún rachado. O aviso fitosanitario advirte tamén da aparición de black-rot nalgunhas viñas que non foron tratadas e informa de que a humidade que se vai manter nos próximos días tamén favorecerá á brotite. 

En relación ás alteracións da madeira, sinala que algunhas plantas xa están a secar polas altas temperaturas e aconsella ir marcando as plantas enfermas, eliminar os brazos afectados e arrincar e destruír xa as plantas mortas. Pola súa banda, tamén recomenda incrementar a vixiancia das avelaíñas, xa que están a aparecer os primeiros ovos nos acios. O aviso fitosanitario lembra que non hai que baixar a garda en canto aos cicadelios e ácaros.


No que respecta aos cítricos, Areeiro sinala que observáronse abundantes colonias de pulgón nos gromos máis novos e recomenda seguir alerta. Tamén esta semana observouse que nos gromos novos de moitas destas plantas incrementouse a presenza de ovos de Psila africana. En canto á pataca, ao igual que na viña, está afectando o mildio, polo que recomendan manter as plantas protexidas, e sinalan que tamén hai plantas afectadas polo escaravello e pulguiña da pataca. Por último, a Estación Fitopatolóxica de Areeiro informa no seu avisto fitosanitario do incremento da presenza e do tamaño das eirugas nas plantas dos buxos.



Ad Code

Responsive Advertisement