Susana del Río Villar (Madrid 1966) una de las voces que más luz pueden arrojar sobre la política europea, profesora del Centro de Estudios Políticos y Constitucionales, conferenciante, analista y experta sobre la Comisión Europea, doctora en Ciencia Política, miembro de la Academia Europea de Ciencias y Artes desde 2018, autora de tres libros sobre la política europea, promotora del proyecto "Una Europa que Une" pasó hoy por una tribuna a distancia telemática promovida por la Deputación de Pontevedra.
SUSANA DEL RÍO MOSTRA O SEU OPTIMISMO SOBRE A SAÍDA DA CRISE “COA TOTAL IMPLICACIÓN DA UNIÓN EUROPEA QUE AGORA É MOI CONSCENTE E ESTÁ ACTUANDO”
A experta en políticas europeas protagonizou unha conferencia telemática que organizou a Deputación de Pontevedra para celebrar o Día de Europa
A importancia de contar cunha Europa solidaria, que aporte recursos a través dun plan estrutural para facer fronte ás consecuencias do Covid 19, e co optimismo e confianza na Unión Europea da que “dependemos para facer fronte a esta situación tan terrible” foron algunhas das conclusións da conferencia telemática “Que Europa necesitamos?”, impulsada pola Deputación de Pontevedra para celebrar o Día de Europa.
Na conferencia telemática, que presentou a presidenta provincial Carmela Silva e que seguiron máis dun centenar de persoas inscritas, a experta en asuntos europeos Susana del Río, mostrou o seu optimismo en que “a pesar das dificultades e dalgunhas respostas que puideron decepcionar nos primeiros días, a día de hoxe estou convencida de que no curto prazo, dende a Unión Europea, coordinados con coherencia e total transversalidade, imos ser moi capaces de saír desta situación e vencer xuntas e xuntos ao Covid 19”. Del Río foi máis aló ao asegurar que “sabemos que non haberá estigmas. A sinal do Eurogrupo foi moi forte de que todos somos Unión Europea, que todos somos necesarios e que non habería diferenzas entre o Norte e o Sur”.
A experta comunitaria dixo que na Unión son moi conscientes en que a súa actuación é fundamental. “É precisa unha democracia europea supranacional representativa, de calidade” e conducir a política desde a gobernanza multinivel, na que se fomente a participación “elixindo políticas concretas e facendo gran política, impulsando a transversalidade, a unión e integración dende o local e o máis próximo á cidadanía ao europeo, seguindo o principio de subsidiariedade para poder vertebrar e dar resposta ás demandas da nosa cidade, do noso país e do conxunto da Unión Europea”.
Susana del Río tamén confirmou que a Unión europea “púxose xa en marcha e está a traballar de xeito conxunto, solidario, desde todos os niveis de actuación e decisión política para afrontar esta situación. Imos ser moi capaces de saír desta situación e de elevar a Unión Europea ao que verdadeiramente é”. Neste eido, Del Río incidiu ao igual que Silva na solidariedade e na importancia do traballo conxunto: “hai que deixar de lado os egoísmos nacionais e vertebrar unha resposta común, solidaria, construír máis integración europea para poder elevar os valores europeos”. Deste xeito, e sobre a sanidade, a conferenciante destacou que debe estar presente “con acción e estratexia dende a Unión Europea, para que cando veña unha etapa tan difícil como esta esteamos preparadas e preparados e poidamos reaccionar antes”.
Con esta conferencia, protagonizada por Susana del Río, a Deputación de Pontevedra puxo final aos actos de celebración do Día de Europa, que arrancaron a pasada fin de semana coa versión online do programa “Degusta Europa” así como cunha serie de vídeos elaborados por chefs galegos e galegas.
![]() |
Susana del Río Villar |