Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

SmartPeme sigue funcionando aunque con talleres online

Entre o 11 e o 15 de maio o programa de asesoramento tecnolóxico da Deputación oferta cursos sobre intelixencia artificial, tráfico web ou edición de fotografía

SMARTPEME PON EN MARCHA ESTA SEMANA OUTROS SETE OBRADOIROS ONLINE


Ante a situación derivada polo COVID-19, a Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta a segunda semana de maio sete novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións, con 10 prazas cada unha, versan sobre xestión de redes sociais, ferramentas para a mellora da web, ciberseguridade, copywritting, ferramentas para empresas turísticas, promoción das empresas ou técnicas de marketing.

Deste xeito, este luns 11 de maio realizarase un obradoiro sobre “Intelixencia artificial: que é e como funciona”, que será impartido por Manuel Freire, experto universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D. Será o martes 12 de maio cando se leve a cabo un taller de “Copywriting aplicado a web e redes sociais”, por Fátima Faílde, licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, e outro titulado “Promociona o teu negocio con Google My Business”, con Adrián Fernández, licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Barcelona.
O mércores 13 de maio realizaranse dous obradoiros. O primeiro deles centrarase nos “Motores de reservas para empresas turísticas”, e será impartido por Sonia Torres, técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola Universidade da Coruña, e o segundo, titulado “Vende os teus produtos en Facebook e Instagram”, contará con Laura Carrera, graduada en Publicidade e Relacións Públicas. No que respecta ao xoves 14 de maio, SmartPeme ten programado un obradoiro baixo o título de “Mellora o teu tráfico web a través de SEO off page”, que será impartido por Jano Llorca, consultor SEO en Redegal. Para finalizar a semana, o venres 15 de maio Lara Taboada, titulada superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, levará a cabo un taller titulado “Edita as túas fotografías co teu teléfono móbil: Snapseed”.



Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement