Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Sigue habiendo vertidos de aguas residuales a las rías y la Xunta los sigue eliminando

O traballo dos técnicos do Plan de Control de Vertidos de Augas de Galicia permitiu identificar a súa orixe nunha condución dos inmobles de rúas próximas o areal de Ribeira do Prado, que desaugaba directamente ao mar na zona de baño

A XUNTA ELIMINA UN PUNTO DE VERTIDO DE AUGAS RESIDUAIS Á RIA DE AROUSA NA PARROQUIA DE CORRUBEDO, NO CONCELLO DE RIBEIRA 

Para a emenda do vertido a entidade local acometeu a renovación das liñas de saneamento e pluviais nas rúas Prado, Rocapellón e Campo da Agra

A Xunta vén de eliminar un punto de vertido de augas residuais á ría de Arousa, localizado na parroquia de Corrubedo, no concello coruñés de Ribeira.
Os traballos de inspección e os controis analíticos realizados polos técnicos do Plan de Control de Vertidos de Augas de Galicia no municipio permitiron identificar a súa orixe nunha condución dos inmobles de rúas próximas ao areal de Ribeira do Prado, que desaugaba directamente ao mar nesta zona de baño.
A administración hidráulica da Xunta realizou no ano 2015 actuacións para dotar de saneamento esta parroquia ribeirense e recentemente o Concello executou obras de carácter municipal para a renovación das liñas de saneamento e pluviais nas rúas Prado, Rocapellón e Campo da Agra.
Nunha nova inspección á zona, os inspectores autonómicos puideron constatar mediante o control analítico neste punto, que as obras realizadas pola entidade local permitiron a emenda do vertido. 
Estas actuacións do Concello serán completadas coa retirada da condución submarina na contorna da praia e a súa adecuación como punto de desaugue de augas pluviais.

 Fonte : Instituto Geográfico Nacional




Ad Code

Responsive Advertisement