Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

La Deputación de Pontevedra quiere lograr una marca propia de calidad ambiental

Implanta un sistema de xestión para afianzar o seu compromiso coa transición ecolóxica, que inclúe guías de boas prácticas a desenvolver en dependencias e programas  provinciais e polas empresas coas que se contraten servizos   

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA QUERE UNHA MARCA PROPIA DE CALIDADE AMBIENTAL PARA TODAS AS SÚAS DEPENDENCIAS E ÁMBITOS DE ACTUACIÓN

No marco da súa firme defensa do medio ambiente cara a transición ecolóxica para acadar unha provincia máis sostible, como obxectivo transversal da súa acción de goberno, a Deputación de Pontevedra está a avanzar no seu compromiso de mellora continua coa implantación dun modelo propio de boas prácticas medioambientais. Este modelo se está a aplicar en todas as dependencias, programas e ámbitos de actuación, de xeito que inclúe ao persoal dos servizos, así como os proxectos que desenvolve e as obras que financia, polo que implicará tamén ás empresas que contraten coa Administración provincial.

Deste xeito, desenvolveuse un sistema de xestión ambiental que cumpre cos requisitos establecidos na norma UNE-EN ISO 14001:2015 e cuxa finalidade é garantir o cumprimento  dos requisitos legais no relativo a este eido, minimizar o impacto dos servizos da institución para reducir e prever a contaminación, establecer obxectivos e accións de mellora e sensibilizar na protección do medio ambiente, cunha formación permanente ás persoas.

Con este último obxectivo de concienciación e formación, a institución xa elaborou unhas guías de boas prácticas que buscan a implicación e colaboración do persoal da Deputación e tamén de aquelas entidades e empresas coas que traballan, ás que se lles fará chegar unha publicación adaptada ao seu sector. Nelas pódense atopar prácticas ambientais sinxelas e útiles que se deben adoptar de cara a reducir o impacto ambiental das distintas actividades. Todas as guías publicaranse na web institucional da Deputación para poñerllas ao servizo dos concellos da provincia a fin de que poidan implementalas. 

En concreto, elaboráronse seis guías, a primeira delas sobre boas prácticas ambientais xerais a desenvolver no Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra, que se repartirá a todo o seu persoal. A redución, separación e reutilización de todo tipo de residuos, así como o aforro do consumo enerxético a través de distintas accións centran esta publicación, que aborda tamén a actuación do persoal en situacións de emerxencia.

Outra das guías está enfocada ás prácticas a ter en conta na realización de eventos, dirixida ao persoal que organiza e contrata estas actividades e que se fará chegar ás empresas coas que traballen. Entre as recomendacións que inclúe, figura a utilización de equipos enerxeticamente eficientes ou a escolla de provedores locais, así como o uso de materiais seguindo criterios medioambientais e produtos reutilizables cuxos sobrantes poidan empregarse en novas citas. A prioridade do reciclaxe e a posibilidade de crear un equipo verde para ocuparse dos residuos en grandes eventos son outras das recomendacións. 

A terceira das publicacións refírese aos criterios ambientais de actuación nas propias instalacións da Deputación, e trasladarase ás empresas que realizan os mantementos nas sedes, tanto aquelas que o fan ao longo do ano, como as que se ocupan das instalacións térmicas, os ascensores ou os equipos de extinción de incendios entre outras, así como as contratadas para un mantemento específico. Amais, ás empresas pediráselles tamén os albarás de entrega dos residuos de construcción e demolición xerados.

Nas obras
Elaborouse así mesmo unha guía específica de boas prácticas ambientais na realización das obras que execute a institución provincial e que recibirán ás empresas que resulten contratadas na realización de traballos, direccións de obra ou a redacción de proxectos para os que non se establecen requisitos ambientais específicos a cumprir no prego de contratación dos servizo requiridos. Entre outras recomendacións, apóstase pola optimización da maquinaria a empregar, a elección de provedores e produtos con certificación ambiental, ou o uso de materiais procedentes de recursos renovables e obtidos por procesos respectuosos co medio. Outra das publicacións refírese ás boas prácticas a seguir para o persoal do Parque Móbil e os talleres de mantemento de vehículos e maquinaria cos que traballa e que dá prioridade, entre outros aspectos, a redución das emisións a través de accións como o mantemento preventivo dos vehículos ou as accións de condución dirixidas a reducir o consumo de combustible.

Por último, elaborouse unha guía de recomendacións para as persoas traballadoras no servizo de mantemento de xardíns, a finca do Castelo de Soutomaior e os campos de fútbol. Neste caso, a utilización de especies autóctonas ou adaptadas ás características da contorna, o traballo con provedores locais, o uso de sistemas de rega máis eficientes, o mantemento da maquinaria, a utilización no posible de funxicidas biolóxicos ou produtos de curta persistencia no terreo e o uso do compost, son algunhas das accións que contempla esta publicación, que tamén incide no mellor tratamento dos residuos xerados.



Ad Code

Responsive Advertisement