Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Se acabó la paz Gobierno-Oposición en la Deputación de Pontevedra

O PP denuncia que "a Deputación volve a poñer a web institucional ao servizo do PSOE para atacar o proxecto do San Xusto, en Cerdedo-Cotobade"

Cubela sinala que “é escandaloso que a Deputación, que debe representar a todos os concellos da provincia por igual, tome parte de xeito descarado por un deles”.


O grupo provincial do Partido Popular de Pontevedra denuncia que "a Deputación volve a poñer a web institucional ao servizo dos intereses partidistas do PSOE, e concretamente dun dos seus alcaldes, Andrés Díaz". Refírense á noticia que publican en www.depo.gal, na que cuestionan o proxecto de rehabilitación dos baños do San Xusto, en Cerdedo-Cotobade, unha obra histórica para este concello.

“É escandaloso que a Deputación de Pontevedra, que debe representar a todos os concellos da provincia por igual, tome parte de xeito descarado por un deles, concretamente por un alcalde socialista que creou un tinglado e coa complicidade do PSOE de Cerdedo-Cotobade, cuxa voceira local é tamén asesora na propia Deputación de Pontevedra”, sinala o voceiro do grupo popular e alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela.

O popular entende que Carmela Silva e o Goberno provincial teñen moito que explicar a este respecto, “porque se trata de un ataque intolerable a un concello da provincia e aos seus veciños. Onde quedan a igualdade entre os concellos, o respecto institucional e a autonomía local?”. Aclara que en ningún momento desde a Deputación de Pontevedra se puxeron en contacto co Concello de Cerdedo-Cotobade para interesarse por esta intromisión do alcalde de Ponte Caldelas, nin por todo o procedemento “transparente e legal” que se seguiu na tramitación e contratación destas obras. “Pero non dubidan en utilizar a web institucional da Deputación como plataforma para atacar a un concello desta provincia”.

Cubela quere que o Goberno provincial explique que papel xoga en todo isto, e recorda que non é a primeira vez que utilizan a institución provincial e todos os seus recursos ao servizo do PSOE e para atacar a gobernos populares. “Xa está ben”, di, e recorda que "os socialistas cuestionan sempre os convenios asinados entre administracións cando son do Partido Popular, pero os miran con bos ollos cando se asinan con concellos do PSOE".

“O convenio para a rehabilitación dos baños do San Xusto é un convenio asinado coa FEGAMP, cando era presidente o alcalde socialista do Barco de Valdeorras, fíxose con toda a transparencia e trámites legais. E é un convenio do mesmo tipo que os que se asinaron estes catro anos entre a Deputación de Pontevedra e algúns concellos da provincia, principalmente socialistas”. Nesta liña, recalca Cubela que "o convenio e toda a tramitación foi impecable, e non foi unha excepción nin novidade na administración. Moitos concellos e incluso a Deputación de Pontevedra ten asinados este tipo de convenios nos últimos catro anos".
Por último, recorda ao Goberno provincial que "o Defensor do Pobo non ten ningún tipo de competencia para facer este informe, polo que é dobremente sorprendente que Carmela Silva se faga eco del, cando presume de ser tan respetuosa coas competencias propias de cada administración".

Jorge Cubela en una visita de inspección a las ruinas de los baños de San Xusto que pretende ver rehabilitados


Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement