Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Promueven nuevo portal del servicio de "Patrimonio" de Deputación

O novo portal dividirase en seis seccións, para explicar o traballo nas áreas de Arquivo, Biblioteca, Audiovisual, Cartoteca e Editorial 
O SERVIZO DE PATRIMONIO DA DEPO TRABALLA NA RENOVACIÓN DA SÚA WEB, QUE INCLUIRÁ UN NOVO APARTADO DE MEMORIA HISTÓRICA
O portal será máis visual e intuitivo para as persoas usuarias, destacando novidades e aspectos relevantes

O Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación de Pontevedra, xunto coa equipa de Novas Tecnoloxías, están a finalizar o traballo de renovación da súa web oficial. O portal terá seis seccións que explicarán o traballo das áreas de Arquivo, Biblioteca, Audiovisual, Cartoteca e Editorial, incorporándose como novidade un apartado destinado á Memoria Histórica, un dos eixos de bigoberno PSOE-Bloque que queren potenciar neste mandato.

Segundo explica a deputada responsable de Patrimonio, María Ortega, a renovación da actual páxina (arquivos.depo.gal) era moi necesaria xa que a súa estrutura non permitía poñer en valor o inxente traballo realizado no departamento. O obxectivo é que nas vindeiras semanas a web poida estar xa aberta ao público e así facilitar o acceso a milleiros de referencias, recursos, catálogos dunha maneira moito máis intuitiva e visual, con apartados para destacar novidades e aspectos relevantes para as persoas usuarias.

“Estamos nun momento, co confinamento debido á emerxencia sanitaria, no que se teñen multiplicado as visitas á nosa web. Entendemos que os contidos e as novidades que imos reseñando están a ter moi boa acollida, polo que a pesares de que se leva traballado na web moitos meses, é o momento no que tamén se debe dar un pulo e darlle unha nova apariencia e estrutura máis acaída cos tempos actuais”, subliñou a deputada nacionalista. Esta nova web, de feito, servirá de completemento ao recén estreado buscador AtoPO, que reúne os fondos documentais, bibliográficos, cartográficos e audiovisuais do Arquivo Provincial, o Museo e outras institucións municipais e entidades da provincia.

Ademais do desenvolvemento informático, como principais impulsores dos contidos das seccións na web están a traballar os responsables do Arquivo central, José Luis Castro, e do apartado de Arquivos municipais, Lourdes Pérez-Santamarina, ambos do departamento de Documental; Ernesto Trabazo como responsable da Biblioteca, José Cumbraos do departamento de Audiovisuais-gráfico-sonoro, e Beatriz de la Cruz, responsable da Cartoteca, do departamento Bibliográfico; aos que se une o persoal que traballa no ámbito da Editorial, baixo a supervisión da Xefe de Servizo Ana Vicente, e da deputada María Ortega. Nos últimos días estanse a realizar reunións telemáticas para pulir as cuestións pendientes.

Como novidade, xa que non existe actualmente na web arquivos.depo.gal, incorporarase un apartado de Memoria Histórica no que se darán a coñecer os programas desenvoltos e previstos pola Deputación para este mandato. Así, incluiranse audiovisuais, galerías fotográficas e documentacións relativas a actividades desenvolvidas como a exposición ‘Rexas, Mulleres baixo o terror franquista’ ou relativos ás Xornadas ‘Na Loita contra a impunidade’ celebradas en novembro do ano pasado. Tamén haberá un apartado de recursos, nos que se incorporarán mapas e directorios das asociacións de memoria da provincia, webs e ligazóns de interese, lexislación e normativa aplicable, así como un apartado específico para o traballo realizado sobre ‘A xeración perdida’, unha base de datos de concelleiros das corporacións republicanas que se viron afectadas polo alzamento fascista.

Artigo sobre os maios

Como é habitual, e de maneira máis periódica nesta corentena, o persoal do Servizo de Patrimonio vén de publicar na súa web un artigo que no día de hoxe está dedicado á Festa dos Maios, onde lembran as verbas sobre o seu simbolismo e significación do etnógrafo e historiador Clodio González Pérez en ‘A festa dos maios en Galicia: unha aproximación histórico-antropolóxica ó Ciclo de Maio’, editado polo Servizo de Publicacións da Deputación en 1989.
Ese, explican dende o departamento, xunto con outros coma ‘Os maios: unha festa antiga e universal’, ‘A festa dos maios en Pontevedra’, ‘A festa dos maios no concello de Vilagarcía’, ‘A festa dos maios de Marín’, ‘A illa de Ons e os maios’…, son só algúns dos títulos sobre esta festividade existentes na biblioteca do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico, que, ademais, conta na súa sección audiovisual con abundantes documentos gráficos sobre esta celebración.
Ademais de animar a consultar unha selección desas referencias bibliográficas (dispoñibles na modalidade de préstamo e consulta) tan pronto como se renove a actividade presencial, o persoal do servizo convida a visualizar directamente algúns documentos gráficos que recollen instantáneas da celebración da Festa dos Maios en Pontevedra na década dos 60 nunha ligazón disponible dentro do artigo na web.



Ad Code

Responsive Advertisement