Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Promoción Económica insiste con su plataforma #PonteLovers

A plataforma impulsada pola Concellería de Promoción Económica lanza un novo spot para agradecer o labor de tódol@s profesionais que estiveron en primeira liña durante o confinamento
Yoya Blanco: “Agora que as rúas comezan a recuperar pouco a pouco a normalidade, só vos pedimos aos #PonteLovers que desfrutedes delas… Con #Sentidiño”

A piques de acadar os 3.000 seguidores na súa páxina de Facebook e coincidindo co inicio da primeira fase da desescalada, a plataforma #PonteLovers lanza unha peza audiovisual titulada #Sentidiño, coa que a Concellería de Promoción Económica e Turismo quere enviar a seguinte mensaxe:
“A todos os que coidastes de nós sen descanso, vencendo os nosos medos, con orgullo e humildade. Porque o voso traballo é compromiso. A vós. Pola vosa enorme profesionalidade, polo esforzo constante. Porque o voso traballo é amor e o amor non entende de distancias. A vós, por ter nas vosas mans o alimento e no voso alento, o agarimo. Por ser o mellor equipo co que poderiamos soñar. De corazón, grazas!
Estádelo dando todo por nós, agora é a nosa quenda. Farémolo por vós. Farémolo por ti. Farémolo por todos. Agora, na rúa: Sentidiño!”


Tal e como sinala a concelleira Yoya Blanco: “Tralo esforzo realizado por todas e todos durante o confinamento, a plataforma #PonteLovers quere aproveitar a entrada nesta primeira fase da desescalada para agradecervos o voso labor a eses heroes que loitastes en primeira liña contra a ameaza da Covid-19 e que traballastes cada día para que non nos faltase de nada a ningún de nós. Grazas de corazón! E agora que as rúas comezan a recuperar pouco a pouco a normalidade, só vos pedimos aos #PonteLovers que desfrutedes delas… Con #Sentidiño“.
Este é o enlace ao vídeo na canle de Youtube do Concello de Pontevedra:
https://www.youtube.com/watch?v=d3qg4j8eh0M&feature=youtu.be


Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement