Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Ence dona tela textil no tejida para confeccionar máscaras para los vecinos de Pontevedra

Ence doa 2.000 metros de tea téxtil non tecida para axudar a confeccionar máscaras no municipio de Pontevedra.
Como mostra do seu firme compromiso coas comunidades, Ence quere axudar aos veciños de Pontevedra coa doazón dunha bobina de 2.000 metros de tea homologada téxtil non tecida (TNT) a un grupo de pontevedresas, as cales puxeron en marcha unha iniciativa solidaria para confeccionar máscaras de forma totalmente altruísta.


Este material (tea téxtil non tecida), serve para fabricar máscaras e protexer así á poboación de posibles contaxios do Covid-19. De igual modo que a celulosa que se fabrica na biofábrica de Lourizán, a cal se utiliza para fabricar material hixiénico e sanitario, fundamental na loita contra esta pandemia.

Marieli Touza, María Rey e Marga Soliño foron as artífices deste proxecto solidario, tres veciñas da cidade de Pontevedra ás que se sumaron ao redor de 25 persoas máis, entre as que se conta cunha gran cantidade de modistas da localidade. Grazas ás doazóns de empresas do municipio, como Ence ou Tegal, este grupo de pontevedresas conseguen os recursos necesarios para confeccionar as máscaras.
Este proxecto, que foi crecendo co paso das semanas, nutriuse principalmente do boca a boca e da difusión en redes sociais, ademais de contar coa colaboración de asociacións culturais e de veciños, as cales fixeron posible chegar a un amplo abanico de pontevedreses que non dispoñen deste material básico de protección ante o coronavirus.

Segundo indica María Rey, unha das mulleres que puxo en marcha este proxecto, “Durante a fase de desescalada que comezaremos a atravesar nos próximos días, as máscaras converteranse nun medio de protección imprescindible. Por esta razón, queremos dotar a todos os veciños dos medios necesarios para evitar contaxios, contribuíndo deste xeito a reactivar a economía local dun modo seguro”.
Estas máscaras poden ser solicitadas por calquera veciño de forma totalmente gratuíta, enviando unha mensaxe de WhatsApp ao número 635 429 035, indicando a cantidade que necesitan e a súa dirección.
Esta iniciativa solidaria súmase a outras realizadas por Ence durante a crise sanitaria, como a doazón de 24 toneladas de material sanitario, poñendo en valor o firme compromiso que a compañía mantén coa súa contorna. Proba diso é que a compañía leva desenvolvendo desde fai tres anos o Plan Social de Ence en Pontevedra, unha das iniciativas sociais de maior envergadura realizada por unha empresa privada en España, onde colabora con 3.000.000€ anuais a mellorar a calidade de vida dos veciños da comarca.



Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement