Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Cerca de 1.900 empleados públicos de la Xunta vuelven al trabajo presencial a partir del lunes

A Xunta vén de rematar as actuacións preliminares incluídas no Protocolo que regula a incorporación gradual do persoal empregado público ao traballo presencial. Rematada esta preparación, o próximo luns comezará a fase 1 coa volta ás oficinas de parte dos empregados públicos. Cómpre lembrar que este Protocolo se refire ao persoal da Xunta, sen incluír ao persoal sanitario e sociosanitario; docente e non docente dos centros de ensino; e ao servizo da Administración de Xustiza.

Tal e como se acordou cos representantes dos traballadores -o Protocolo foi ratificado por todos os sindicatos con representación na Mesa Xeral-, nesta primeira fase incorporaranse ao traballo presencial os xefes/as de servizos ou postos equivalentes e aquel persoal que polas súas funcións non pode teletraballar sempre que o seu posto de traballo cumpra as garantías sanitarias de seguridade, nomeadamente, a distancia de dous metros de separación. Seguirán acudindo como ata agora os traballadores declarados como servizos esenciais. 

Isto supón que se incorporarán ao traballo algo máis de 1.800 persoas, que se suman aos traballadores esenciais que seguiron acudindo á oficina durante este período. Así, a presenza de persoal pasará de ser do 38,96% ao 51,89%.

A previsión é que cada fase dure dúas semanas, polo que a segunda podería empezar o 1 de xuño, coa volta do persoal que, sen estar incluído na primeira fase, teña espazo propio, así como dos traballadores das oficinas nas que se cumpren os dous metros de separación. Xa na terceira fase, que botaría andar o 15 de xuño, incorporarase o resto de persoal, logo de terse acometido os axustes necesarios nos seus postos de traballo para que se garanta a distancia mínima de seguridade e todas as garantías sanitarias.

Cómpre destacar que se adoptarán medidas especial de protección para aquel persoal que presente algún tipo de enfermidade ou afección que implique a súa consideración como grupo vulnerable e que serán os últimos en incorporarse. A determinación dos grupos vulnerables e a gradación de risco dos postos de traballo realizarase de acordo ao establecido polo Ministerio de Sanidade, que fixa como grupos vulnerables ás persoas con enfermidade cardiovascular/HTA, diabetes, enfermidade pulmonar crónica, inmunodeficiencia, cáncer en tratamento activo, maiores de 60 anos e embarazo. 

Tamén haberá excepcións para facilitar a conciliación. Polo tanto, poderá seguir prestando o seu traballo en réxime de teletraballo o persoal que teña ao seu cargo menores ou maiores dependentes e se vexa afectado, de ser o caso, polo peche de centros educativos ou de maiores, e non sexa compatible a súa situación persoal con medidas especiais de flexibilidade da xornada laboral. Este réxime especial de teletraballo só se poderá conceder a un traballador para o caso en que houbese dous ou máis empregados públicos conviventes en que se dea a mesma circunstancia. Esta mesma previsión seralles de aplicación ás empregadas públicas embarazadas.

Actuacións preliminares
Durante esta semana de actuacións preliminares, a Xunta estivo adoptando todas as medidas necesarias para garantir unha incorporación seguro ao persoal empregado público, en tanto manter a súa saúde é a máxima prioridade. 
Finalizadas estas actuacións preliminares, cada Consellería remitiu os informes correspondentes aos Comités de Seguridade e Saúde do seu ámbito e ao Servizo de Prevención. Ademais, tamén se celebrou unha reunión do Comité Intercentros de Seguridade e Saúde Laboral para explicar aos sindicatos as medidas adoptadas e o inicio da primeira fase.

Nesta semana, avaliáronse os espazos dispoñibles e comezouse a adaptalos: ben coa reorganización dos postos de traballo para garantir os dous metros de separación ou co comezo de instalación de medidas de separación como mamparas.
Nos distintos centros directivos tamén se estivo recompilando a información do persoal que pode teletraballar ou reorganizar quendas, por se fose necesario tomar algunha destas decisións por motivos de afluencia de persoal.

Ademais, tamén se comezaron a adecuar os espazos comúns, coa instalación de indicacións de fluxos de circulación en escaleiras e en edificios; así como tamén recordatorios de manter a distancia de seguridade. 
O Protocolo é un documento vivo que se irá adaptando ás recomendacións das autoridades sanitarias e que estará en revisións constante no seo dunha comisión de seguimento creada ao efecto cos sindicatos.






Ad Code

Responsive Advertisement