Manifiesto de la Red de Colegios de Periodistas de España en el Día Mundial de la Libertad de Prensa

Manifesto da Rede de Colexios de Xornalistas polo Día Mundial da Liberdade de Prensa
A Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas, con motivo da celebración do Día Mundial da Liberdade de Prensa, lembra que o exercicio profesional dos xornalistas é un servizo público e esencial. A actual crise provocada polo Covid-19 deixou patente o importante labor social que desenvolven os medios de comunicación e información, motivo polo cal a cidadanía debe valorar o traballo diario desempeñado polos xornalistas.

Ademais, a situación excepcional que estamos a vivir pon de relevo que a liberdade de prensa e o dereito á información son valores imprescindibles en calquera sociedade democrática. Por esta razón, a Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas rexeita calquera intento de censura previa aos medios de comunicación e información por parte das autoridades, xa que isto suporía un retroceso democrático con consecuencias nefastas.

Nas últimas semanas, os xornalistas demostraron o seu compromiso coa profesión e coa cidadanía, xa que, malia as dificultades que tiveron para exercer a súa función (teletraballo, ERTE, disminución de salarios, etc.), realizárono de xeito responsable. Neste sentido, a Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas quere lembrar aos cidadáns que para evitar a difusión de bulos e noticias falsas o aconsellábel é acudiren aos medios de comunicación e información.

Así mesmo, a Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas destaca que a precariedade laboral tamén fai perigar a liberdade de prensa, porque favorece o medo dos xornalistas a perderen o emprego e fai máis difícil que poidan resistir ás presións. Neste sentido, é clave o papel que deben cumprir os editores e directores dos medios de comunicación e información aos que lles instamos a que defendan aos xornalistas ante calquera presión externa que poidan recibir.

Para rematar, a Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas insiste unha vez máis na urxencia de que os partidos políticos aborden a creación do Consello Xeral de Colexios de Xornalistas, xa que este órgano íase converter nun elemento inmellorábel na defensa da liberdade de prensa e do dereito á información.

Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas

Cada 3 de mayo se conmemora alrededor del mundo el Día de la Libertad de Expresión, fecha instaurada en 1993 por la Asamblea General de las Naciones Unidas con el propósito de “fomentar la libertad de prensa en el mundo al reconocer que una prensa libre, pluralista e independiente es un componente esencial de toda sociedad democrática”.   Con los años, esta idea se ha extendido de la libertad de prensa a la libertad de expresión, por el hecho de que una sociedad informada y deliberante depende de que toda persona goce del derecho a “investigar y recibir información y opiniones, y el de difundirlas, sin limitaciones de fronteras, por cualquier medio de expresión” (artículo 19, Declaración Universal de Derechos Humanos).