Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Los proyectos 'Recordando Carvalho Calero' y 'Unha vida polo galego' lucen ya en el Portal de la Lengua Gallega

Dous dos proxectos que adquiren cada ano maior protagonismo no Mes das Letras Galegas para festexalas e honrar o autor anfitrión, desta vez Ricardo Carvalho Calero, xa están dispoñibles para a súa descarga libre e de balde desde o Portal da Lingua Galega da Xunta de Galicia. Trátase dos traballos cos que o CEIP Xesús San Luís Romero de Carballo (A Coruña) e o IES Ferrol Vello de Ferrol se impuxeron ás numerosas propostas escolares que concorreron á edición 2020 do Concurso-Exposición escolar convocado polas Consellerías de Cultura e Turismo e Educación, Universidade e Formación Profesional: Recordando Carvalho Calero e Unha vida polo galego, respectivamente.
A situación derivada das circunstancias pola Covid-19 obriga a adiar as presentacións oficiais e os actos de entrega de premios (cadanseus 2000 euros e lote de produtos lácteos cedido por Feiraco S.L., para alén da certificación de premio de innovación educativa equivalente a 20 horas de formación; 30 no caso da coordinación docente do proxecto), así como a impresión e distribución en máis de 2000 puntos de Galicia e do exterior coa colaboración da Secretaría Xeral da Emigración e a súa exhibición nas estacións ferroviarias das sete cidades galegas en colaboración con Renfe Viajeros e a Adif.
Con todo, a Consellería de Cultura e Turismo difúndeos desde o Portal da Lingua Galega e anima a todos os centros de ensino, institucións, asociacións, concellos e colectividades que participan na festa grande da lingua galega tanto desde Galicia coma desde o exterior os compartan e os visibilicen desde as súas canles dixitais para divulgar a figura e o legado de don Ricardo. A produción e distribución física dos materiais, xogos de carteis e unidades didácticas, retomaranse cando poidan xestionarse con garantías plenas de seguridade sanitaria.

O CEIP San Luís Romero, gañador por terceira vez consecutiva

A exposición gañadora na categoría de centros de educación infantil e primaria é Recordando Carvalho Calero, do CEIP carballés Xesús San Luís Romero, que ostenta o galardón por terceira vez e bate todas as marcas ao facelo de maneira consecutiva. A proposta intégrana unha serie de carteis que combinan da forma máis axeitada a beleza estética, a calidade da lingua e o recurso ás tecnoloxías da información e da comunicación máis innovadoras (como a realidade aumentada), coa finalidade de difundir a vida e a obra de Carvalho Calero entre o público máis novo, incluído o que presenta necesidades específicas de apoio educativo.

O IES Ferrol Vello ilustra “a vida polo galego” do ferrolán

Na categoría correspondente ao resto dos centros e niveis educativos (educación secundaria, bacharelato, FP e ensinanzas especiais) a mostra gañadora foi Unha vida polo galego, do IES Ferrol Vello de Ferrol (A Coruña): unha exposición que consegue plasmar a vida, obra e época de don Ricardo Carvalho Calero a través dun harmonioso conxunto de carteis nos que son de salientar a modernidade e a acertada selección da información, alén da súa unidade, acadada mediante a recorrencia de imaxes do autor, do seu barrio natal, o Ferrol Vello, e do veleiro como símbolo da súa singradura vital.

Recursos, ferramentas e divulgación 

Os centros educativos atopan un ano máis en en www.lingua.gal/dia-letras-galegas os recursos elaborados polo alumnado e profesorado pertencentes aos EDLG, que, desta volta, permitirán traballar desde a casa a figura de Carvalho Calero en todos os niveis educativos preuniversitarios, sen esquecer o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. Ás dúas mostras gañadoras do Concurso-Exposición Letras Galegas 2020 únense as unidades elaboradas desde Escolas Católicas; as actividades, tanto imprimibles como interactivas, do Seminario Galán; os materiais audiovisuais, como videopoemas, pequenos documentais feitos polo alumnado e ata o xa clásico telexornal do CPI dos Dices, con entrevistas a expertos e persoas próximas a don Ricardo; xogos de taboleiro, pasapalabras e mesmo salas de escape para aprender sobre o autor das Letras xogando; e tamén concursos, como o II Certame de podcasts Xosé Mosquera Pérez ou o de marcapáxinas do IES San Clemente, que é de ámbito internacional.
Tamén están dispoñibles neste web as unidades didácticas sobre Carvalho Calero deseñadas pola Associaçom Galega da Língua (AGAL) en colaboración coa Consellería de Cultura e Turismo, coordinadas por Teresa Crisanta V. Pilhado e Eduardo Maragoto e diagramadas por Uxio Outeiro.


Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement