Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Licitación por Deputación de la mejora de aceras en Moaña

A Deputación de Pontevedra vén de sacar a licitación o proxecto de reparación de beirarrúas na EP-1102, entre Meira e Fraga, no concello de Moaña, unha actuación moi demandada pola veciñanza nun tramo da estrada provincial no que se atopan numerosas vivendas. O proxecto, que ten como principal propósito mellorar a seguridade peonil do viario, vai na liña de actuación da institución provincial, seguindo o Decálogo de Criterios establecidos no ano 2016. 

A actuación dará solución ao mal estado das beirarrúas, que presentan, entre outros deficiencias, afundimentos, roturas, levantamento ou falta de baldosas O proxecto de reparación, cun orzamento de 64.329,29 euros, consistirá na reparación do firme das beirarrúas existentes, demolendo e levantando os treitos que están en mal estado e executando no seu lugar un novo paquete de firme composto por pavimento de 15 centímetros de formigón. Substituiranse tamén os bordos que se atopen en mal estado e renovarase ademais a sinalización horizontal en todo o treito de actuación.

As empresas interesadas poderán presentar a súa oferta ata o luns 25 de maio.

Meira y Moaña al fondo


Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement