Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Iniciativa en Pontevedra para conmemorar el "Día de los Museos 2020"

Quince persoas usuarias de asociacións que traballan en inclusión contarán as súas experiencias na institución pontevedresa

‘VOCES DIVERSAS QUE SENTEN O MUSEO’, A INICIATIVA PARA CONMEMORAR O DÍA DOS MUSEOS 2020 EN PONTEVEDRA FACENDO FINCAPÉ NA INCLUSIÓN E IGUALDADE

‘Voces diversas que senten o Museo’ é o título da iniciativa que o Museo de Pontevedra vai desenvolver este luns 18 co gallo da celebración do Día Internacional dos Museos, que este 2020 se centra na inclusión. Varias persoas usuarias de distintas asociacións da provincia contarán a súa experiencia no Museo de Pontevedra en vídeos gravados por elas mesmas que se irán publicando ao longo da xornada. “Queremos empoderar a diversidade, a inclusión e a igualdade nas nosas institucións culturais”, afirma o director da entidade, Xosé Manuel Rey.

Entre os colectivos que participan nesta actividade está a ONCE Pontevedra; o Centro Méndez Núñez-Asociación de Discapacitados psíquicos Virgen de la O; ASORVIGO (Asociación de persoas xordas de Vigo; Asociación ALBA de familiares e amigos de persoas con enfermidade mental de Pontevedra; XOGA (Organización de diversidade sensorial de Galicia); AMIZADE (Asociación de persoas con discapacidade da comarca de Pontevedra); Cruz Vermella; así como persoas que formaron parte del grupo de Voluntariado Cultural de Maiores do Museo.  Todos os vídeos, que se difundirán a través da web e do Facebook, estarán interpretados en lingua de signos salvo o que protagoniza unha persoa xorda profunda que será traducido a lingua oral.

Segundo explica o director, o obxectivo desta iniciativa é amosar as múltiples miradas que existen sobre o Museo de Pontevedra, seguindo na liña central de abrir a institución a toda a sociedade. “Queremos incorporar a toda a xente que habitualmente non vén ao Museo por diferentes circunstancias. Queremos que sexa un Museo inclusivo e aberto, e que eses colectivos que normalmente quedan na periferia entren no sistema museístico”, salientou Rey.

O Día Internacional dos Museos é unha iniciativa potenciada polo Consello Internacional de Museos (ICOM) co obxectivo de concienciar sobre a importancia dos museos como medio para o intercambio cultural, o enriquecemento das culturas, así como para o desenvolvemento da comprensión mutua, da colaboración e da paz entre os pobos. Organizados cada 18 de maio ou ao redor desa data desde hai máis de 40 anos, os eventos e actividades planeados para celebrar o  DIM están centrados este ano principalmente en actividades virtuais debido ás restricións motivadas pola crise sanitaria.

Segunda explica o ICOM, co lema xeral ‘Museos pola igualdade: diversidade e inclusión’, o Día Internacional dos Museos 2020 #DIM2020 pretende “converterse nun punto de encontro para celebrar a diversidade de perspectivas que conforman as comunidades e o persoal dos museos, así como promover ferramentas para identificar e superar os prexuízos no que os museos mostran e nas historias que contan”.



Ad Code

Responsive Advertisement