O 18º
SonRías Baixas,
aprazado
ao verán de 2021.
O equipo do festival anuncia un cartel continuista e
adiántalles por correo-e
ás
persoas que mercaran a
súa entrada para este ano que o
rapeiro
Kase.O. tocará en Bueu os días 5, 6 e 7 de agosto de
2021.
As entradas compradas
valerán para o
SonRías Baixas 2021, pero as
persoas que non
queiran
conservalas poden solicitar o reembolso por correo-e
antes do luns 8 de
xuño
ás 23:59
O
SonRías Baixas
anunciou
hoxe que, finalmente, non
poderá celebrar a
súa 18ª edición
nas datas previstas, os días 30, 31 de
xullo e 1 de agosto
deste 2020. A evolución da
crise sanitaria
sen precedentes que estamos a padecer e a indefinición
nas medidas que deben aplicar os
festivais
musicais
na “nova
normalidade” para garantir a
seguridade do público asistente, das e dos artistas e do resto das
persoas que
traballan
nun evento
destas características
obrigan a organización do festival de Bueu a
a
pospor o
seu
18º aniversario aos días 5, 6 e 7 de agosto de 2021.
O equipo do
SonRías Baixas
traballa
xa no cartel artístico do próximo ano e
aínda que non poden garantir “que o programa de 2021 sexa idéntico
ao previsto para a edición 2020”,
hoxe anunciaron que
Kase.O. tocará no
SonRías Baixas 2021
e que a maioría dos artistas que se anunciaran para esta edición están
amosando a
súa predisposición para adaptarse
ao
novo calendario.
Considerado con frecuencia o mellor rapeiro en lingua hispana do mundo,
Kase.O é unha icona do
hip
hop non comercial español dende hai máis de 20 anos.
O
SonRías confirma así que mantén en cartel un dos
pratos
fortes
desta edición, a proposta
máis persoal, sincera, valente e arriscada coa
que quen
fora
integrante dos míticos Violadores del Verso conseguiu un disco de ouro, foi nomeado aos
Grammy Latino e bateu récords de asistencia en espazos paradigmáticos como o
Wizink
Center Madrid ou o Palau
Sant
Jordi Barcelona.
A organización
comunicoulles a confirmación de
Kase.O. no cartel do festival, en primicia,
ás
persoas que compraron a
súa entrada para gozar coa música e a
praia
este verán de 2020,
anunciándolles
tamén que
as entradas compradas valerán para o
SonRías Baixas 2021
e que as persoas que decidan
conservalas recibirán
unha
pequena compensación, pola
súa
fidelidade e confianza. “E é que”,
explícanlle dende o
SonRías Baixas
ao
seu público, “se
conservades a
vosa entrada,
axudádesnos a
sobrepornos
nun momento de gran
dificultade e
dádesnos
forzas para seguir soñando para
vós tres días
e tres
noites
inesquecibles de música,
praia e
sorrisos”. Para as
persoas que
queiran
axudar a organización do festival
e conservar a
súa entrada pero non
saiban seguro se
poderán asistir
ao festival
nas novas datas,
habilitarase a opción de cambio de
nome un par de meses antes do
SonRías Baixas 2021, coa opción de
cedela
ou
regalala a
outra
persoa.
As
persoas que non
queiran
ou non
poidan conservar os
seus tickets, poden solicitar o reembolso íntegro do importe
seguindo as
instruccións que
lles
chegaron á dirección de correo-e
empregada no momento de comprar a entrada,
antes do luns 8 de
xuño
ás 23:59h.
Unha vez finalizado o
prazo de
solicitude, a organización
comezará
co reembolso dos
cartos, que non deberá demorarse
máis 5 días. A información está
recollida
na web do
SonRías Baixas e o correo de consulta é festival@sonriasbaixas.info.
“Lamentamos
moitísimo os
inconvintes que esta situación vos
poida causar”, asegura a organización do festival
nun comunicado, “pero a
saúde do
noso público, dos artistas
e do resto das
persoas que colaboran
co festival é o
máis importante para
nós.
Sodes a
nosa familia.
Traballamos todo o ano para poder compartir con
vós tres días
e tres
noites de música, de
praia e de
amizade, o festival que a
nós nos gustaría gozar como público. Non
poder
facelo este ano pártenos o corazón”.
“E sabemos que público, artistas
e organización non somos os únicos afectados por esta situación”, continúan. O
SonRías Baixas
congregou o pasado mes de agosto en Bueu a 22.065
persoas,
xerando
na comarca un impacto superior
ao millón de euros,
cunha ocupación
hoteleira do 100% e cos
establecementos da
vila
ateigados de
festivaleiros e
festivaleiras de toda Galicia
e do resto do Estado.
“Este verán non
poderemos
achegar esa riqueza económica
e cultural á
nosa
terra”, lamenta o equipo do
SonRías dende Bueu, “e
iso prodúcenos,
tamén,
unha enorme tristeza”.
A organización do festival
manifesta o
seu
agradecemento
ao público, pola
súa paciencia
e polas
mensaxes de ánimo que están
recibindo
nun momento tan difícil e
incerto para o sector. E agradece,
tamén, a preocupación e o
apoio
amosado polas
institucións públicas que patrocinan o evento,
nomeadamente o Concello de Bueu, a Xunta de Galicia e a
Deputación de Pontevedra.