Reforzo na atención aos arbenses máis vulnerables por medio de visitas e atención telefónica durante a crise sanitaria.
Reparto de alimentos entre familias e colectivos vulnerables.
Servizo de atención psicolóxica gratuíta.
A ATENCIÓN AS PERSOAS MÁIS VULNERABLES FOI UN DOS OBXETIVO MARCADO POLO CONCELLO DE ARBO DURANTE A CRISE SANITARIA
Dende o incio da crise provocada pola emerxencia sanitaria do Coronavirus, o goberno de Arbo reforzou os Servizos Sociais municipais para dar resposta aos colectivos máis vulnerables e para que ningún arbense sufrira a consecuencia de esta extraordinaria crisis sanitaria e social
Os servizo municipais realizaron visitas a todos os usuarios do SAF para comunicarlle todos os cambios a realizar co gallo do Estado de alarma. Ademais neste servizo de axuda no fogar, deronse de alta novos usuarios ao pechar a Casa do Maior e centros de día, asi como outros casos de urxencia que foron xurdindo durante o cofinamento.
Durante os primeiros días, fixose un análise do Padrón Municipal de Habitantes, para detectar persoas maiores vulnerables ou con necesidades, as que se lle realizaron visitas e chamadas telefónicas e coas que se mantivo e maten un contacto telefónico para o seu seguimento.
Para evitar que moitos maiores sairán dos seus domicilios e se expuxeran o virus, reforzouse o servizo de axuda no fogar para levar alimentos e medicamentos ao usuarios, así como unha atención permanente todos os días da semana, que ademais de servizo presencial se reforzou co servizo telefónico e servizo de urxencias as 24 horas do día.
Garantir a alimentación básica no so nos maiores, senon tamén dos menores que ata ese momento eran usuarios dos comedores escolares dos colexios, foi outra das prioridades que traballou dende o inicio do Estado de Alarma. Unhas necesidades básicas que se están cubrindo co Banco de Alimentos do Concello de Arbo e con compras de produto fresco ou conxelado nos supermercados locais. Ao banco de alimentos fóronse incorporando ao longo da crise sanitaria familias as que os recursos se foron limitando por falta de ingresos.
Se rexistrou unha demanda e tamén un incremento importante na demanda de axudas, dirixidas a persoas e familias que non contan con ingresos e que foron incorporados a base de datos de persoas con necesidades do Concello de Arbo, e axudadas a través das achegas do programa de Emerxencia Social do Concello de Arbo
Conscientes da crecente necesidade de axuda e de apoio ante o aislamento social que puido sentir moitas persoas neste cofinamento obrigado, puxose a disposición de todos os veciños e veciñas de Arbo, o servizo de atención psicolóxica gratuita.
O goberno local esta garantizando dende o inicio da crise sanitaria, que todos os servizos municipais básicos e esenciais sexan para favorecer aos veciños e veciñas de Arbo, informa o rexedor Horacio Gil.
O goberno local esta garantizando dende o inicio da crise sanitaria, que todos os servizos municipais básicos e esenciais sexan para favorecer aos veciños e veciñas de Arbo, informa o rexedor Horacio Gil.
"Dende un primeiro momento para o goberno local o importante foi que a crise sanitaria non afectase ao noso municipio e que os colectivos máis vulnerables estiveran protexidos", refere Horacio Gil.
"E para este goberno que presido, en todas as medidas adoptadas demos exemplo de organización e de cumprimento estrito de cada orde que recibimos, actuando con lealdade e seguindo as medidas de prevención precisas, con gran esforzo do persoal e sempre con recursos económicos propios, coa finalidade de minimizar as afeccións no noso municipio, esforzándonos na desinfección de rúas, servizo de taxi gratuíto, reparto de mascaras reutilizables, suspensión do pago de cuotas do Punto de Atención infantil, impresión e entrega de tarefas escolares, reparto de material entre os sectores comerciais, autónomos e empresas de Arbo, medidas de protección en todos os locais municipais e reforzo na Praza de Abastos...", explica o Alcalde quen ven a insistir de novo : "para que todo sega como ata o momento, sen ningún caso de coronavirus en Arbo, debemos seguir e cumprir estritamente as recomendacións, evitando ao máximo saír dos nosos domicilios. Entre todos podemos conseguir que este virus non se propague na nosa area de influencia", remata o rexedor no seu chamamento aos veciños do município.
![]() |
Esforzo constante do Banco de Alimentos do Concello de Arbo |