Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

El Bloque quiere aprovechar el Covid-19 para dar catequesis sobre peatonalizaciones

O bigoberno da Deputación de Pontevedra vén de ofrecerse aos concellos da provincia para asesorar como recuperar espazos públicos de maneira urxente e efémera co fin de dar garantías de distanciamento físico á cidadanía nestes momentos da crise da COVID-19. O deputado de Mobilidade Uxío Benítez lembra que o seu departamento defende a necesidade de recuperar o espazo público de maneira estable e a longo prazo, mais subliña que a día de hoxe son necesarias algunhas actuacións inmediatas para que as persoas dispoñan de máis amplitude nos lugares e vías polas que transitan, motivo polo que pon a disposición dos municipios todo o persoal técnico provincial experto neste ámbito.

Segundo explica o deputado de Mobilidade, a situación de emerxencia sanitaria fixo que a cidadanía e os gobernos locais se decatasen da importancia de que as rúas, as prazas, e en xeral todo o espazo público teñan ás persoas como prioridade fronte á circulación rodada, con elementos e dimensións correctos para o tránsito peonil seguro e confortable. “O espazo público forma parte substancial da vida das persoas como escenario natural da vida colectiva. Cando o perdemos… e hoxe que comezamos a recuperalo na ‘desescalada’, é cando o valoramos”, subliña. 

Benítez sinalou que é preciso considerar e valorizar o espazo público como un dereito fundamental da cidadanía, con relación directa coa súa calidade de vida, á cohesión social ou á percepción da felicidade. Por iso, ademais de poñer a disposición o persoal técnico para realizar actuacións inmediatas e de carácter transitorio e puntual (como peonalizar rúas, redirixir tráficos ou recuperar áreas…), vaise poñer en marcha un plan provincial para o resto do mandato co obxectivo de que os concellos potencien políticas de recuperación do espazo público de maneira estable e definitiva.

Este proxecto, que estaba plantexado xa moito antes da crise sanitaria, segundo recoñece o deputado nacionalista, agora cobra aínda máis valor. A intención é que os concellos se comprometan na realización de infraestruturas públicas que incentiven as mobilidades naturais alternativas ás de motor, deixando así a prioridade de uso para as persoas nos ámbitos urbanos e nos núcleos de centralidade.

O deputado Uxío Benítez vai remitir unha carta esta semana citando a todas as alcaldesas e alcaldes da provincia a un encontro virtual co fin de presentar todas estas iniciativas do departamento de Mobilidade: tanto a disposición para asesorar as actuacións efémeras como, principalmente, para desenvolver proxectos a medio e longo prazo no que a recuperación do espazo público sexa a esencia.

Co fin de potenciar a idea do espazo público como un dereito da cidadanía, e da súa necesidade de calidade para o disfrute da veciñanza, sobre todo en crises como a actual, o departamento de Mobilidade vén de lanzar no día de hoxe un vídeo explicativo. Trátase dunha peza (difundida tanto na web –www.depo.gal-) como nas redes sociais da institución) na que o propio ‘espazo público’ se dirixe á cidadanía explicando canto a bota en falta ao estar baleiro.



Ad Code

Responsive Advertisement