Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Deputación y su conmemoración del "Día das Letras 2020"

O departamento de Lingua da Deputación de Pontevedra celebrará este ano as Letras Galegas baixo o lema ‘A nosa lingua é a nosa identidade’. Durante toda esta semana a institución provincial, por iniciativa da área da deputada do BNG, María Ortega, desenvolverá unha campaña promocional realizada en colaboración coa Asociaciación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) que consistirá na difusión de 24 vídeos de autores e autoras da provincia lendo fragmentos de diferentes obras de Carvalho Calero escollidos por si mesmos.

A campaña que hoxe lanza a Deputación supón unha homenaxe a Carvalho Calero posta en boca de compañeiros e compañeiras do seu propio ‘gremio’. As redes sociais e a páxina web da Deputación difundirán dende hoxe e ata o vindeiro domingo 17 de maio 24 vídeos nos que escritoras e escritores da provincia de Pontevedra lerán pequenos fragmentos de obras de todo tipo do creador ferrolán.

As e os autores participantes serán Fina Casalderrey, Carlos Taboada, María Xosé Porteiro, Miguel Anxo Alonso, Eva Mejuto, Rafael Fernández Lourenzo, Miriam Ferradáns, Ramón Caride, Tamara Andrés, X. Rodríguez Álvarez, Montse Fajardo, Xosé Luna, Susana Sánchez Arins, Xosé Daniel Costas, Lucía Novas, Álex Alonso, Iria Misa, Cruz Martínez, Nee Barros, Ramón Nicolás, Macamen Alonso, Marta Dacosta e Elena Gallego. A deputada María Ortega agradeceu a todas e todos eles a súa colaboración na iniciativa.


Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement