Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Deputación. La Oposición pide al Gobierno que active la caja de anticipos

Cubela destaca que nesta crise o papel dos concellos está sendo fundamental para dar solucións aos problemas das persoas, e por iso a Deputación debe dotalos de todos os instrumentos e ferramentas que ten ao seu alcance.

O PP pide á Deputación que active a caixa de anticipos para dar liquidez aos concellos

O grupo provincial do Partido Popular pide ao Goberno da Deputación de Pontevedra que active a caixa de anticipos para dar liquidez e solvencia aos concellos da provincia neste momento de alerta sanitaria. O voceiro Jorge Cubela, explica que este ano aínda non se aprobou este servizo, que facilita aos concellos cantidades en concepto de anticipo reintegrable a medio e longo prazo. “É unha ferramenta moi importante para que os concellos que precisen de liquidez para seguir ofrecendo e reforzar servizos fundamentais, poidan recibilo sen ningún tipo de interese. E por iso entendemos que non poden retrasar máis a súa aprobación”, destaca.

Cubela destaca que nesta crise o papel dos concellos está sendo fundamental para dar solucións aos problemas das persoas, e por iso a Deputación debe dotalos de todos os instrumentos e ferramentas que ten ao seu alcance. “Os concellos somos a administración máis próxima ao cidadán, e por iso nesta crise a nosa obsesión é estar ao lado das persoas e ofrecer solucións, independentemente de quen sexa a competencia”. Por último, incide en que a “obsesión” do goberno da Deputación de Pontevedra debe ser impedir que os concellos máis pequenos se vexan dobremente prexudicados polo COVID, por un lado sanitariamente, e por outro económico e socialmente.


Ad Code

Responsive Advertisement