Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Deputación. Aprueban por unanimidad modificar el "Plan Concellos" ante la situación actual

Aprobada por unanimidade na Deputación a proposta do PP para modificar o Plan Concellos e incrementar as porcentaxes que se destinan a emprego

O pleno da Deputación de Pontevedra aprobou por unanimidade no pleno a proposta do Partido Popular para modificar o Plan Concellos e, deste xeito, incrementar as porcentaxes que se poden destinar para a liña 3, emprego.
O voceiro do grupo, Jorge Cubela, explicou que “houbo un cambio moi importante nas circunstancias nas que se deseñou e aprobou o Plan Concellos 2020, e polo tanto esta modificación permítenos aproximarnos á nova realidade”. Deste xeito, o acordo adoptado é que os concellos poidan incrementar do 22 ao 30% a cantidade que destinan para a contratación de persoal. “Está claro que as necesidades e prioridades dos concellos cambiaron desde o 15 de marzo, e polo tanto era necesaria unha maior flexibilidade para que os concellos puideran destinar os recursos que reciben da Deputación da forma máis útil”, valora o voceiro popular.
Como exemplo, sinalou que mentres todos os concellos da provincia planificaban o mantemento das infraestruturas no mes de marzo ou abril, a crise sanitaria e o confinamento obrigaron a retrasar todo este traballo, polo que ás portas da tempada estival, os concellos precisan maior velocidade á hora de realizar certas actuacións de mantemento. Por iso, engadiu, “era moi importante que se puideran flexibilizar as diferentes liñas, sobre todo no referente ao plan de emprego”.

Cubela fixo a proposta nunha das reunións de seguimento do COVID-19, e tal e como recoñeceu a presidenta Carmela Silva, o Goberno considerou que era unha proposta boa e se converteu nesta modificación. Por iso, o voceiro aplaudiu que se aprobase esta modificación que “sae do traballo conxunto dos tres grupos políticos”.
Tamén no pleno de hoxe deuse conta da creación da comisión para asesorar aos concellos sobre as dúbidas ou cuestións que teñan con respecto á xestión do COVID-19. Unha proposta do PP que tamén asumiu o Goberno provincial, e que “vai ser unha ferramenta moi útil para apoiar e asesorar a todos os concellos desta provincia”.
Cubela explica que “os concellos son a administración máis próxima ao cidadán, son os primeiros en actuar, teñen que tomar moitas decisións e adoptar medidas en medio dunha situación extraordinaria na que poden xurdir dúbidas, mentres que a Deputación de Pontevedra ten recursos humanos e técnicos que poden aclarar moitas das dúbidas que xurdan á hora de tomar decisións”. En definitiva, sinala, trátase de aproveitar os recursos da institución provincial para poñelos ao servizo dos concellos.


Ad Code

Responsive Advertisement