Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Covid-19 : la mitad de los periodistas sufrieron un empeoramiento de las condiciones laborales

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia referiu hoxe, no seu habitual resume semanal, os resultados da enquisa mundial sobre a Covid-19 feita pela FIP.

A enquisa mundial da Federación Internacional de Xornalistas (FIP) sobre os efectos da Covid-19 revela que a metade dos comunicadores sufriron un empeoramento das condicións laborais, e tres de cada catro tiveron que enfrontarse a restricións á hora de informar sobre a pandemia. Ademais, as mulleres xornalistas soportaron máis estrés pola Covid-19 que os seus compañeiros homes, chegando a afectar ao 63% das enquisadas.

A Federación Internacional de Xornalistas vén de facer públicos os resultados da súa enquisa mundial sobre a Covid-19, na que participaron un total de 1308 xornalistas de 77 países entre o 26 e o 28 de abril, e que pon de manifesto a crise do xornalismo que acompaña en todo o planeta a emerxencia sanitaria.

Os resultados da enquisa reflicten que tres de cada catro xornalistas se enfrontaron a restricións, obstrucións ou intimidaciones á hora de informaren sobre a Covid-19. Ademais diso, dous terzos dos xornalistas contratados ou freelance sufriron tamén recortes salariales, redución de ingresos, perda do seu posto de traballoou empeoramento das condicións laborais.

Os datos da enquisa da FIP mostran tamén que as xornalistas tenden a estar afectadas pola pandemia tanto ou menos que os seus compañeiros varóns no que se refire aos aspectos devanditos. Porén, fronte ao 55% dos homes que declaran ter sufrido estrés ou ansiedade, nas mulleres esta porcentaxe elévase até o 63%. Moitas mulleres xornalistas sinalan que a situación xa era mala antes da crise sanitaria, o que podería e que a pandemia veu a empeorar as cousas, o que podería explicar a aparente contradición entre estes datos.


 


Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement