Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Bueu. En la hora de la muerte de Staffan Mörling ("o mozo sueco de Ons")

El sueco que tanto amaba las islas Ons; el hombre que estudió a conciencia usos y costumbres de los isleños; el antropólogo que anotaba en sus libretas hasta el más mínimo detalle de lo mucho y bueno que aquellas islas muestran; el hombre que acabó compartiendo su vida con una mujer -Josefa Otero- originaria del territorio que marca el inicio de la ría de Pontevedra... ha muerto. Pero su recuerdo, su obra, lo que por Ons hizo durante su vida, quedará ahí para siempre; como su recuerdo queda también imborrable para los vecinos de Bueu que, en su día, le dieron las gracias poniendo el nombre de Staffan Mörling a una de las calles de la villa. 
O CONCELLO DE BUEU LAMENTA O PASAMENTO
DE STAFFAN MÖRLING, ‘ O MOZO SUECO DE ONS’


O Concello de Bueu quere mostrar o seu fondo pesar polo pasamento de Staffan Mörling, quen nos anos 60 descubriu a Illa de Ons e ficou prendado para sempre. Dende aquel tempo non deixou de traballar pola cultura e o patrimonio etnográfico da Illa.
Cun gran interese polos temas históricos, Mörling fixo a súa carreira na Universidade de Lund, na que se licenciou en Latín, Historia da Arte e Antropoloxía. Precisamente, como antropólogo documentou as embarcacións tradicionais de Galicia no 1989, tema que seguiu desenvolvendo co libro Lanchas e dornas. A estabilidade cultural e a morfoloxía das embarcacións na costa occidental de Galicia. En colaboración coa súa muller, Xosefa Otero, aplicou as teorías da nova etnoloxía, de orixe danesa, ao amplo material antropolóxico recollido polos dous na Illa, de onde sae o libro "Alá, no medio do mar. A comunidade da illa de Ons".

Debido á súa labor incansable pola cultura mariñeira do noso pobo, o Concello de Bueu nomeouno Fillo Adoptivo da vila no ano 2006, unha pequena homenaxe que se completou no 2012 cando a anterior rúa dos institutos pasou a levar o seu nome. Precisamente, no 2015, dende o Concello de Bueu organizamos o acto de descuberta da placa desta rúa, ao que asistiu o propio Staffan Mörling, arroupado pola súa familia e amizades, e que culminou despois coa presentación do seu libro autobiográfico Namoreime en Ons.

Félix Juncal, alcalde de Bueu, destaca ao ilustre Mörling como «un illán máis que atopou a felicidade nun paraíso como son as Ons e que será lembrado ademais como un dos persoeiros que da nome a unha das nosas rúas. As súas achegas como investigador do noso patrimonio etnográfico perdurará por sempre por poñer en valor con orgullo o noso patrimonio marítimo bueués xunto á propia forma de ser das xentes de Ons. Non cabe dúbida que puxo a Ons, Bueu e Galiza no mapa das máis prestixiosas publicacións científicas nunha das facetas que quedará para sempre na nosa historia colectiva».
Dende o Concello de Bueu queremos enviarlle unha fonda aperta a toda a familia e amizades. 
Mörling junto a su esposa Josefa, en presencia
del alcalde de Bueu, Félix Juncal, en el día en que
se inauguró la calle que lleva el nombre del antropólogo sueco


Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement