Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Pronunciamiento institucional de la Xunta en el "Día de Internet"

Atrás queda el "Día de Internet", este 17 de mayo pasado. Pero es bueno que elogiemos tal celebración, más en los tiempos que corren, donde las tecnologías informáticas tanto han aliviado nuestro aislamiento.
La Xunta de Galicia hizo público, a propósito de la jornada que nos ocupa, la siguiente declaración institucional :

DECLARACIÓN INSTITUCIONAL CON MOTIVO DO DÍA DE INTERNET

O 2020 marca no calendario o punto de inflexión entre o momento de balance da Axenda Dixital, que definiu os obxectivos de Galicia na última década, e o punto de partida dunha nova folla de ruta para afrontar os desafíos tecnolóxicos dos vindeiros anos. Todos lembraremos o 2020 como o ano no que a crise da COVID-19 transformou dun xeito sen precedentes o noso xeito de vivir, de traballar e de relacionarnos, poñendo a proba a capacidade de resiliencia e adaptación que temos como sociedade.

Neste Día de Internet cómpre agradecer o esforzo de todos os profesionais das tecnoloxías da información, que ao igual que outros sectores esenciais, amosaron a súa profesionalidade e vontade de servizo, facendo posible traballar sen estar na oficina ou formarse sen estar na escola e sentirnos sempre acompañados a pesar da distancias.

Se quedaba algunha dúbida, a tecnoloxía amosou o seu potencial para construír un mundo que está por imaxinar e tamén xerou inquedanzas, precisamente por esa mesma capacidade de transformación do coñecido e, tamén, por evidenciar a fenda social e  vulnerabilidade dalgúns colectivos. Temos a obriga de xerar un marco de confianza que permita avanzar cara unha transformación dixital segura, ética, sostible e inclusiva, dende a perspectiva de conciliar o desenvolvemento e a innovación tecnolóxica coa salvagarda da privacidade e a protección dos nosos dereitos como cidadáns da Unión Europea.

Tras dez anos avanzando no camiño da dixitalización, abrimos unha nova etapa chea de retos na que a intelixencia artificial e a xestión dos datos cobrarán unha especial relevancia. A Estratexia Dixital de Galicia 2030, que está en elaboración, deber ese punto de encontro no que, cun enfoque multidisciplinar, facer fronte ás cuestións éticas, xurídicas e económicas derivadas dos novos modelos sociais e económicos que deben aproveitar as capacidades e as novas oportunidades que virán da man da tecnoloxía. 

Un novo marco estratéxico que non se conforma con adaptarse aos cambios senón que buscar xerar o cambio, cun enfoque centrado nas persoas para contribuír a un desenvolvemento sostible da Comunidade tanto a nivel económico, como social e medioambiental. 
Comezamos a década anterior convencidos de que o futuro sería dixital, iniciamos a seguinte conscientes de que o presente xa é dixital e de que o futuro aínda o será máis.




Ad Code

Responsive Advertisement