Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Alcaldes de la raia exigen a Sánchez que autorice la reapertura de la pesca de la lamprea

Muy preocupados están los alcaldes de la zona pontevedresa de orillas del rio Miño, ante la posibilidad de que pescadores portugueses -autorizados- puedan trabajar estos días venideros sobre las aguas del rio y ampliar así la época de capturas de lamprea, mientras que a los de la parte gallega no les es permitido.

O alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil, mantivo unha reunión urxente cos Alcaldes de Crecente e As Neves e a Alcaldesa de Salvaterra para tratar sobre a reapertura da pesca tradicional da Lamprea no tramo do Rio Miño e no Rio Tea.
Como consecuencia da decisión adoptada polo Consello de Ministros Portugues, donde se autoriza a partires do día 4 de maio a reapertura da pesca tradicional nas pesqueiras na marxe esquerda internacional do Rio Miño, decisión da que os alcaldes se enteraron polos medios de comunicación e ante a falta de información na parte española sobre este tema, os alcalde e a alcaldesa dos catro municipios, reuníronse de maneira urxente na tarde do sábado, para tratar sobre a pesca da lamprea.

Na reunión os rexedores e a rexedora, decidiron remitir un escrito conxunto dirixido á Delegación do Goberno en Galicia solicitando a reapertura da temporada de pesca tradicional nas “Pesqueiras” do tramo internacional do Miño, tendo en conta que este tipo de actividade esta considerada como pesca tradicional con destino autoconsumo.
Os alcaldes e a Alcaldesa entenden que se se autoriza o desprazamento persoal para coidado de animais e as actividades relacionadas coa agricultura para autoconsumo, a pesca da lamprea debería estar dentro desta categoría.
Os alcaldes e a alcaldesa confían en que nestes días se aclare este asunto e dende o Goberno de España se teña en conta esta pesca e os pescadores poidan acudir a pescar nas pesqueiras ou nas estacadas, sempre cumprindo coas recomendacións sanitarias. 

Los cuatro alcaldes, ayer reunidos.





Ad Code

Responsive Advertisement