miércoles

A Guarda. El Bloque valora positivamente los acuerdos anti-crisis pactados en el Concello

O portavoz municipal do BNG, Anxo Baz, valorou positivamente os acordos acadados no día de hoxe na mesa técnica co resto das formacións políticas da corporación e os técnicos municipais.
Os acordos acadados son os seguintes:
1. Redución do importe das licenzas de apertura para o fomento e creación de novas empresas.
2. Bonificacións das taxas do lixo e auga con criterios que garantan mellor a xustiza social para todas aquelas familias cunha renta percapita inferior ao IPREM (537,48 € mensuais).
3. Dirixirse ao goberno central e galego para que modifiquen a lei e excepcionalmente as administracións locais poidan aplicar a reducción proporcional aos recibos do lixo no periodo de cese de actividade para autónomos e PYMES por causa da pandemia da COVID-19. De non producirse este cambio legal o Concello comprométese a estudar outras medidas que conduzan ao mesmo fin, entre as que se contempla aplicar a redución correspondente no ano 2021 de non ser posibeis por razóns legais no 2020.
O resto de medidas propostas polo BNG serán debatidas no pleno que se celebrará o próximo venres desta semana e inciden tanto na reactivación da economía local coma en melloras nos servizos sociais, medioambientais e de mobilidade e seguridade vial.

Anxo Vaz, portavoz do BNG